HomeDeportes600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

As probas comezarán ás 16:30 horas, con saída desde o campo de rugby.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar un percorrido de arredor de 7 quilómetros con 40 obstáculos, se ben establécense tres categorías segundo o nivel de esixencia. A maioría dos deportistas participarán na modalidade “Popular”, na que poden recibir axuda doutros corredores; na “Starter” e na “Elite” non está permitido e estes últimos deben superar todos os obstáculos.

A competición está organizada por Pretorianos Club e conta novamente co apoio, entre outras entidades, do Goberno galego, da Vicepresidencia da Depuración de Lugo e do Concello de Sarria. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias destacou a colaboración da Xunta coa iniciativa, “que promove a actividade física e estilos de vida saudables, ademais de ser un motor de dinamización local que posiciona a Sarria no mapa deste tipo de competicións”.

ÚLTIMAS

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...