O programa das xornadas comezou coa presentación desde a Área de Medio Rural da Deputación de Lugo do programa, O que non arde. Deseño, posta en práctica e resultados. Seguiulle unha mesa redonda sobre as problemáticas actuais dos sectores primario e secundario galegos. Achegándose a políticas activas, os sectores produtivos da provincia, a xestión do territorio e das explotacións gandeiras e forestais. Tratouse tamén a xestión da Xunta, a situación da finca da AGACAL no concello da Pobra do Brollón ou a política de Medio Rural despois dos incendios. A xornada completouse coa visita á explotación de Cachenas na Ferreirúa.
Participaron das xornadas Xosé Lois Maceda e Xosé Manuel Fernández alcalde da Pobra do Brollón e Vicetenente de alcalde de Quiroga; representantes do sector, responsables de asociacións sectoriais, traballadores e os Deputados do Parlamento Galego por Lugo Iago Suárez e Montserrat Valcárcel experta en xestión forestal. Contouse con representación da Área de Medio Rural da Deputación e coa organizadora das xornadas, concelleira do BNG na Pobra do Brollón xunto RosaAna Prieto do BNG de Pantón; Javier Castro e Xurxo García do BNG de Bóveda e traballadores dos sectores obxecto das xornadas.

Xornadas Medio Rural BNG / BNG Lugo Sul
Con este tipo de actividades, os nacionalistas aseguran que queren motrar o seu apoio aos sectores produtivos e visibilizar que, “no BNG temos un modelo de apoio e recuperación de actividade nos sectores primario e secundario, que inclúe un reforzamento do apoio ao comercio local e ao fortalecemento da economía circular” lembra Rosana Prieto, responsable da formación nas comarcas do Sur da Provincia.
Na visita á explotación de vacas cachenas situada na Ferreirúa, no termo municipal da Pobra do Brollón, coñeceron de primeira man as iniciativas actuais e os modelos sustentables dentro dos sectores produtivos. Trataron asuntos como a inxustificable burocracia que lonxe de se reducir leva a tendencia de aumentar, e a encrucillada que están a atravesar o sector produtivos na provincia de Lugo e a falta de poboación, o que aumenta os desequilibros do territorio. Tamén se puxo enriba da mesa a falta de industria de transformación que dotaría de valor o produto, favorecería o asentamento de poboación e facilitaría o mantemento
do territorio.
Como principais conclusións da xornada destacan que “o modelo da Xunta propicia máis abandono territorial e humano, e menos sectores produtivos. Só hai ocorrencias, non hai proxecto de país e isto está levando ao desmantelamento das iniciativas da administración pública como a finca da AGACAL na Pobra do Brollón, cuxo estado é máis ca lamentable”, lembra Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón.

Xornadas Medio Rural BNG / BNG Lugo Sul

