HomeDeportesUns 200 deportistas nun Campionato Provincial de Taekwondo celebrado en Monforte

Uns 200 deportistas nun Campionato Provincial de Taekwondo celebrado en Monforte

Participaron deportistas de 6 a 16 anos de idade, nas categorías desde Benxamín a Xuvenil, reunindo o Club Neka a 46 deles. Este equipo monfortino sumou 13 Ouros, 5 Platas e 8 Bronces

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou este sábado as medallas aos gañadores do Campionato Provincial en Idade Escolar de Técnica e Freestyle de Taekwondo que tivo lugar no Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela. O rexedor estivo acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán; a Concelleira de Sanidade, Pilar Espinosa; o Presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiríz López; ee o director deportivo do Ximnasio Neka, José María Vega.

Uns 200 competidores, 46 deles do Club Neka de Monforte, con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos –categorías de Benxamín a Xuvenil–. participaron este sábado 25 de abril no clasificatorio para o Campionato Galego, competición que se celebrará o vindeiro 9 de maio na Coruña.

O director deportitivo do Ximnasio Neka agradeceu a colaboración do Concello de Monforte, entidade que cedeu o Polideportivo Municipal da Pinguela e fíxose cargo do transporte dos tapices.

RESULTADOS DOS DEPORTISTAS MONFORTINOS

O Club Neka acadou excelentes resultados sumando un total de 26 medallas: 13 Ouros, 5 Platas e 8 Bronces. Salientar tamén o 5º posto de María Nieves e o 7º de Asier Touron.

13 OUROS:

Individuais: Lola Díaz, Gabriel Pinto, Inés Casal, Gael Díaz, Alicia Castro e Daniela Varela.

Parellas: Lola Díaz e Gabriel Pinto.

Tríos: Awa Ndao, Uxía Díaz e Raquel Rodríguez; Brais Méndez, Ezequiel e Gabriel Estévez; Thais, Sofía e Bella; Rosa Olmo, Alicia Vega e Alexia González; Yousra, Carla e Raquel Otero; Asier Touron, Alexandre Méndez e Iván Castro.

5 PRATAS:

Individual: Rosa Olmo e Iván Castro.

Parellas: Gael Díaz e Daniela Varela, e Erik López e María Nieves.

Trío: Joran, Desmnd e Wallid.

8 BRONCES:

Individuais: Samuel López, Alexandre Méndez, Alexa Fernández, Erzsebeth Álvarez, Erik López e Alba Díaz.

Trío: Rosa Olmo coas compañeiras de Hebe Sara e Aysha.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...