HomeDeportesO Quixós triunfa nos campionatos de España e Galego celebrados no Barco

O Quixós triunfa nos campionatos de España e Galego celebrados no Barco

Por equipos acadou prata no galego e bronce no estatal, destacando no Campionato de España Sara Inés con 5 medallas e Noa Díaz con 4, ademais da clasificación para o Campionato do mundo absoluto.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O club de piragüismo monfortino segue demostrando a alta fiabilidade nos campionatos tanto galegos como estatais, e boa proba diso foi a gran fin de semana que viviron no Barco de Valdeorras. O río Sil, ao seu paso por esta localidade foi o escenario onde se celebraron a 3ª Copa de España, o Campionato de Patrullas e o Campionato Galego.

Por equipos, o Quixós foi prata no Campionato Galego, e bronce tanto no Campionato de España de Patrullas como na 3ª Copa de España.

A nivel individual, salientar as piragüistas Sara Inés Varela e Noa Díaz, que acadaron 5 e 4 medallas respectivamente na Copa de España. Sara 2 de ouro e 3 de prata, e Noa 2 de ouro e 2 de prata. Ambas piragüistas acadaron unha das pratas formando parte do trío con Nerea e rematar como subcampioas de España en K1 Patrullas.

Santiago Díaz, director do equipo, recollendo un bronce por equipos a nivel nacional. Foto: Quixós.
MEDALLEIRO INDIVIDUAL COMPETICIÓN ESTATAL

Modalidade Sprint: Noa, ouro en K1 e prata en C1 senior; Diego, prata en C1 e bronce en K1 junior; Sara, prata en K1 junior e ouro en C1 senior; Efrén, bronce en C1 senior; Martín, bronce en C1 junior; e Iván, bronce en K1 veterano.

Modalidade de Clásica: Noa e Sara, ouro en C2 senior; Sara, prata en K1 junior; Diego, prata en C1 junior; Martín, bronce en C1 junior; e Ximena, prata en C1 senior.

MEDALLEIRO INDIVIDUAL CAMPIONATO GALEGO

Modalidade Sprint: Noa, ouro en K1 e C1 senior; Ximena, bronce en C1 senior; Sara Inés, ouro en K1 junior e prata en C1 senior; Efrén, ouro en C1 senior; Efrén e Gabriel, prata en C2 senior; Diego, ouro en C1 junior e prata en K1 junior; Martín, prata en C1 junior; e Iván, bronce en K1 veterano.

Modalidade de Clásica: Noa e Sara, ouro en C2 senior; Sara, ouro en K1 junior; Noa, bronce en K1 senior; Ximena, ouro en C1 senior; Efrén, ouro en C1 senior; Diego, ouro en C1 junior; Martín, prata en C1 junior e bronce en K1 junior; e Iván, bronce en K1 veterano.

ÚLTIMAS

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...

7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

O PPdeG destacou a boa acollida que o Bono Coidado no Fogar está a...