Homesociedade15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

Os traballos executaranse durante o mes de xuño e inclúen espazos como as zonas de ladeira, as Portas da Alcazaba e Nova, o entorno do Parador e do Campo da Virxe, o recinto da Torre da Homenaxe ou o Parque dos Loureiros, entre outros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do conxunto monumental de San Vicente, por importe de 15.000 euros e un prazo de execución de 1 mes. A adxudicación foi aprobada esta semana na Xunta de Goberno Local, e a previsión é que estas labores de limpeza se desenvolvan durante o mes de xuño.

A roza na zona de San Vicente, explica o rexedor, José Tomé “ten como finalidade limpar o espazo arredor do conxunto monumental, logo das inclemencias do inverno e do crecemento da maleza, co obxecto de adecuar toda a contorna para o uso e desfrute da veciñanza de Monforte e tamén das persoas que visitan a nosa cidade”. O conxunto monumental de San Vicente e a súa contorna, engade, “teñen un incuestionable valor histórico, arquitectónico e social para o noso municipio, e precisan dunha labor de conservación e mantemento”.

Os traballos consistirán na limpeza de maleza na zona de San Vicente, nas ladeiras colindantes co antigo restaurante O Grelo e a Torre dos Taboada, así como a zona na que este restaurante limita coa Muralla e o triángulo situado fronte ao citado restaurante. Limparase tamén a zona do Parador de Turismo e o Campo da Virxe ata a Torre Pequena e o Miradoiro.

Do mesmo xeito, procederase á limpeza da Porta da Alcazaba e a Porta Nova, as escaleiras á rúa da Pena, o Parque dos Loureiros, e a ladeira na zona que hai entre o muro de contención e unha finca privada.

Acometeranse tamén traballos de roza no solar da rúa da Cerca na subida á rúa Burato, no camiño de acceso ao depósito da auga e nos arredores da Torre Falagueira. Finalmente, limparase o muro que dá á Régoa, o muro fronte a unha finca privada tamén na Régoa, o camiño de acceso da rúa Falagueira ao Parador e o recinto da Torre da Homenaxe e a Torre Pequena.

ÚLTIMAS

O 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa en Sober na proxección do seu filme ‘Historias del Buen Valle’

Aproveitando a presenza do cineasta na vila, o Concello de Sober organiza, en colaboración...

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...