HomesociedadeSegue o plan de mellora das rúas de Monforte

Segue o plan de mellora das rúas de Monforte

Aproveitando a boa climatoloxía, estanse realizando hoxe actuacións nas rúas Carlos Casares, Avelino Cachafeiro, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez e Ourense. O mércores, quedaron asfaltadas as rúas Extremadoiro, Ramón y Cajal e Rosalía de Castro.

Publicado o

- Advertisement -

As obras de Carlos Casares, Avelino Cachafeiro, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez, Ramón y Cajal e Rosalía de Castro están sendo executadas pola empresa Acoval cun investimento de 135.600 €.

As actuacións na rúa Ourense corren a cargo da empresa Asfagal Técnicas Viarias SL, por un importe de 44.652,90 € IVE engadido. E finalmente o asfaltado da rúa Extremadoiro foi adxudicado a Asfagal Técnicas Viarias SL por un importe de 30.993 € IVE engadido.

No primeiro tramo da rúa Carlos Casares, fresouse o pavimento existente da zona de entronque coa rúa San Pedro, mentres que na súa parte máis ancha, fresouse o pavimento contiguo á beirarrúa existente. Aplícase unha capa de aglomerado en quente  e antes do pintado procederase ao recalce ou levantado das tapas de pozos, arquetas, sumidoiros e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento.
Para rematar, procederase ao pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e colocarase un sinal de perigo “Circulación nos dous sentidos” á entrada da vía, antes do estreitamento existente.

En Avelino Cachafeiro realízase o fresado do pavimento existente, aplícase unha capa de aglomerado en quente e antes do pintado procederase ao recalce ou levantado de tapas de pozos, arquetas, sumidoiro e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento. Para rematar, procederase ao pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e símbolos que se recollen na documentación gráfica. Na entrada desde a rúa Zapardiel, á altura do cruzamento coa rúa Juan Ramón Jiménez, colocaranse 2 sinais, de “Entrada prohibida” e de “Sentido obrigatorio á dereita” cara á rúa Juan Ramón Jiménez, para os coches procedentes da rúa Zapardiel e outra de “Dirección obrigatoria” na entrada desde a rúa San Pedro.

Séguese o mesmo procedemento que nos anteriores na rúa Jacinto Benavente, para rematar, procederase ao pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e
símbolos e colocarase un sinal de “Entrada prohibida” no seu encontro coa rúa Avelino Cachafeiro. Igual acontecerá coa Rúa Juan Ramón Jiménez. Mentres na Rúa Rosalía de Castro rexenerouse o pavimento no tramo da vía comprendido entre as rúas Leopoldo Calvo Sotelo e Dr. López Suárez. Nesta rúa colocaranse os seguintes sinais:

  • antes do cruzamento coa rúa Leopoldo Calvo Sotelo, 1 sinal de “STOP”
  • antes do paso a nivel de Río Seco, 1 sinal de perigo “Paso a nivel con barreiras”
  • 2 sinais de indicación do paso de peóns que se marcará próximo ao cruzamento coa
    rúa Dr. López Suárez, un para cada carril.
  • 1 sinal de indicación de “Estacionamento” para a área descrita.

Labores simimilares se desenvolven nas rúas Ramón y Cajal , Estremadoiro e Ourense.

ÚLTIMAS

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...