HomesociedadeO 8 de maio haberá exhibición da Guardia Real na explanada da...

O 8 de maio haberá exhibición da Guardia Real na explanada da Compañía, o BNG anuncia que non participará dos actos

A cita de Monforte forma parte do exercicio táctico que a Guardia Real levará a cabo na provincia de Lugo do 5 ao 10 de maio e que a levará, por exemplo, a Sober ou Pantón o 6 de maio pola mañá. Visitarán tamén Quiroga e O Saviñao. Nestas actividades, o corpo militar desprega as súas unidades, o que supón unha proxección de máis de 500 homes e mulleres, máis de 35 vehículos, 15 motocicletas Harley Davidson, 64 cabalos e 12 cans.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No concello de Monforte de Lemos presentáronse esta semana, os detalles das actividades que a Guardia Real realizará na cidade do Cabe o vindeiro venres, 8 de maio. A exhibición terá lugar na Explanada da Compañía, de 10.00 a 13.00 horas, e consistirá nunha demostración das actividades e da natureza das misións que realizan os efectivos deste corpo militar destinado á protección da Familia Real.

O rexedor, José Tomé, destaca que “Desde que tivemos coñecemento de que a Guardia Real fai visitas polas provincias, fixemos xestións para que planificara un desprazamento á provincia de Lugo e que Monforte, como importante cabeceira de comarca, fora base principal destas actividades no sur da provincia”, explicou o Alcalde.

Para a visita, a provincia dividiuse en 3 zonas, cada unha delas mandada por un Tenente Coronel, facendo ademais, no caso de Lugo, unha xura de bandeira como se fixo en Monforte en 2023. No caso do sur lucense, a visita tamén terá presenza no Saviñao, Sober, Pantón e Quiroga.

Como data para esta exhibición en Monforte escolleuse o venres, 8 de maio, porque o mércores 6, a Explanada estará ocupada polo operativo de La Vuelta Feminina, xa que a cidade do Cabe será inicio da 4ª etapa desta competición. Así mesmo, o xoves 7, o Alcalde e a Tenente Alcalde asistirán ao foro “Diálogos Rural e Industria” que o Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) celebra no Hotel Palacio de Sober.

Adestramentos e exhibicións da Guardia Real

Os exercicios que desenvolve a Guardia Real nestas visitas ás provincias ten unha dobre finalidade. Por un lado, o adestramento das unidades, de tal xeito que cada unha traballará na mellora das súas capacidades e levaranse a cabo actividades de instrución como marchas a pé, a cabalo, en moto, e outras destrezas.

Ao tempo a Guardia Real dá a coñecer o seu traballo a través de exhibicións como a que se vai realizar na Explanada da Compañía, durante toda a mañá, desde as 10.00 ás 13.00 horas, na que se inclúen as seguintes actividades:

  • Pista de obstáculos infantil.
  • Estación de transmisións de radio.
  • Estación de uniformidades oficiais da Guardia Real.
  • Exposición de armamento.
  • Exposición de material de seguridade.
  • Exposición de drons de seguridade.
  • Exposición de material contraincendios da Guardia Real.
  • Vuelo de drons.
  • Exhibición de cabalos de pura raza española.
  • Exposición de cabalos hispanobretóns remolcando peza de artillería.
  • Exhibición de sección de movementos floreados da Guardia Real.
  • Exposición de motocicletas da Guardia Real.
  • Acto de izado/arriado de bandeira nacional.

A Guardia Real disporá ademais de diferentes espazos para o aparcamento dos vehículos nos que trasladan o persoal e o material correspondente. Contarán cunha zona no estacionamento do Parque dos Condes xunto ao campo de fútbol dos Escolapios, e tamén coa rúa que vai parella ao parque infantil da Compañía e o muro deste centro educativo. “Sen dúbida algunha, o venres 8 de maio será un día importante para Monforte, no que poderemos desfrutar dun espectáculo moi pouco habitual, como é a instrución militar”, concluiu o alcalde

Plano zonas visita

Unha posición pacifista e antimilitarista

O BNG de Monforte anuncia que non participará nos actos programados coa pola Garda Real en Monforte, “Consideramos que se trata dun evento fóra de lugar, que nada ten que ver coas necesidades reais da veciñanza nin co modelo de sociedade polo que traballamos. Nun contexto no que existen prioridades evidentes en materia social, económica e de servizos públicos, resulta incomprensible promover este tipo de exhibicións”.

Desde o BNG aseguran defender unha posición pacifista e antimilitarista, apostando pola resolución dos conflitos a través do diálogo e da cooperación entre os pobos, e non mediante a exhibición de estruturas militares e engaden, “Como republicanos galegos, non compartimos nin apoiamos institucións vinculadas á monarquía, que consideramos alleas á vontade democrática do pobo e herdadas dun modelo de Estado que non representa os valores de igualdade e soberanía que defendemos”.

“Cando dicimos que este equipo de goberno vive instalado en décadas pasadas, referímonos, entre outras cousas, a este tipo de iniciativas: a organización de actos como a xura de bandeira civil, a rendición de pleitesía a figuras nobiliarias como o duque de Lemos ou a promoción de eventos como este coa Garda Real. Son expresións dun modelo ancorado no pasado, afastado da realidade social e das preocupacións actuais da cidadanía”, afirma Manuel Luaces.

ÚLTIMAS

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...

O rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga organizou en Sober

A cita que reuniu a unha ampla representación de persoas vinculadas coa empresa, institucións,...