En Sarria déronse cita desde o venres ata o domingo, postos de antigüidades, restauración e coleccionismo,…e tamén repostería, confeitería artesá e outros produtos gastronómicos, artesanía e demostración de oficios tradicionais. A Feira está organizada pola Asociación de Anticuarios e Restauradores San Lázaro, coa colaboración do Concello de Sarria, a Xunta de Galicia, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Artesanía de Galicia.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou o papel dinamizador que exerce a Feira de Antigüidades e Restauración de Sarria, “unha cita consolidada que contribúe a impulsar o comercio e a hostalaría local, ao tempo que pon en valor o noso patrimonio e oficios tradicionais”.

