HomesociedadeXunta e concello de Quiroga traballan na recuperación do tramo da estrada...

Xunta e concello de Quiroga traballan na recuperación do tramo da estrada local de Soldón a Vilarmel que se derrubou a pasada semana

A Xunta colabora co Concello de Quiroga na recuperación do tramo da estrada municipal de Soldón a Vilarmel que se derrubou o pasado martes como consecuencia das fortes choivas e que constitúe a única vía de acceso rodado aos núcleos de Paradapiñol, Rugando, Cereixido e Vilarmel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Administración autonómica estivo en contacto co alcalde de Quiroga para interesarse polo alcance e as consecuencias deste incidente, así como para trasladar a vontade de colaboración, aínda tratándose dun viario de titularidade municipal.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, desprazouse este luns ao lugar xunto co rexedor do municipio, José Luis Rivera, co fin de avaliar sobre o terreo as posibles solucións para devolver a plena operatividade á vía nesa zona. O Goberno galego e o Concello de Quiroga están a estudar conxuntamente o mellor xeito de proceder para reparar canto antes o tramo afectado, duns dez metros de lonxitude e, de feito, en breve comezarán os traballos para desescombrar e aplanar o terreo nese punto. Á espera da intervención, habilitouse un paso provisional para garantir o acceso ás catro aldeas en caso de necesidade.

Estrada local Quiroga / Delegación territorial

Arias puxo en valor a “relevancia da colaboración institucional” para “resolver incidencias e facilitar a vida dos veciños e veciñas”, como tamén se puxo de manifesto a semana pasada co apoio da Xunta ao operativo de rescate das xovencas dun particular que caeron por un barranco de moi difícil acceso en San Xián de Ínsua, en Taboada.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...