HomeDeportesA piragüista do Quixós, Sara Inés Varela, irá ao Mundial de Cracovia

A piragüista do Quixós, Sara Inés Varela, irá ao Mundial de Cracovia

Ademais, tamén participará no Campionato de Europa de Épinal, en Francia.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A piragüista do Club Quixós de piragüismo, Sara Inés Varela, estará este ano no Campionato do mundo júnior na modalidade de slálom se disputará do 30 de xuño ao 5 de xullo en Cracovia, Polonia. A nova chegou estes días tras ser comunicada ao club monfortino a convocatoria dende a Federación Española de Piragüismo.

Pero non acaban aquí as boas novas, hai máis… tamén estará no Campionato de Europa júnior que se disputará na localidade francesa de Épinal entre o 6 e o 9 de agosto. En ambas participacións competirá en K-1.

Así as cousas, Sara Inés súmase a Noa Díaz como deportistas do Quixós participantes nun mundial. No caso de Noa Díaz, estará no Mundial de Banja Luka, do 17 ao 19 de maio en Bosnia, en descenso de augas bravas . Confirmou a súa presenza días atrás cun moi bo resultado na Copa de España.

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...