HomesociedadeTomé agradece a implicación de Monforte coa visita da Guardia Real

Tomé agradece a implicación de Monforte coa visita da Guardia Real

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, presidía o 8 de maio os actos organizados pola Guardia Real en Monforte dentro do exercicio táctico que este corpo militar realizou na provincia de Lugo entre os días 5 e 10 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exhibición que inicialmente estaba previsto que tivera lugar na Explanada da Compañía, desprazouse ao Pavillón Polideportivo da Pinguela, pola chuvia e foi acollida con gran expectación por parte do público. Desde as 10.00 e ata as 13.00 horas, foron moitos os monfortinos e monfortinas os que se achegaron para coñecer de preto o traballo que realizan estes profesionais, así como o material e equipamento que empregan nas súas misións.

Neste senso o alcalde agradece a toda a cidadanía que acudiu a este evento o interese amosado, “e especialmente aos equipos directivos e persoal docente dos centros educativos da cidade, pola súa implicación e esforzo, organizando visitas do alumnado á exhibición, na que os escolares puideron coñecer de certa o traballo deste corpo militar”.

O alcalde visitou a exposición e acompañado polo Coronel da Guardia Real e o Tenente Coronel do Grupo Mixto, presidiu o acto institucional no que se realizou o izado da Bandeira Nacional e se recitou o ideario da Guardia Real. Neste acto, o Coronel da Guardia Real e o Alcalde intercambiaron agasallos en lembranza desta xornada. Posteriormente celebrouse exhibición da sección de movementos floreados da Guardia Real. A exposición incluíu unha pista de obstáculos infantil, unha estación  de transmisións de radio, uniformidades oficiais da Guardia Real, armamento, material de seguridade, exposición de drons de seguridade, material contraincendios da Guardia Real e varias motocicletas Harley Davidson. No exterior do Pavillón exhibíronse cabalos de pura raza española e hispanobretóns e peza de artillería.

O rexedor trasladou aos efectivos da Guardia Real o seu agradecemento pola visita a Monforte e lembrou “a nosa cidade xa acolleu en 2023 un acto vinculado ás Forzas Armadas, concretamente unha Xura de Bandeira civil que se desenvolveu nunha xornada moi emotiva e recordada por moitos veciños”. Nesta ocasión, engadiu, “temos novamente a oportunidade de coñecer máis de certa o traballo da Guardia Real e os valores de entrega, profesionalidade e respecto que representan”.

Guardia Real Monforte / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...