HomePolíticaO BNG reta á Xunta a explicar o proxecto da planta de...

O BNG reta á Xunta a explicar o proxecto da planta de Pesqueiras á veciñanza

O deputado do BNG, Iago Suárez, puxo o foco na "grave ameaza" que supón para a parroquia de Pesqueiras, no concello de Chantada, a instalación dunha planta de acumulación de enerxía. Asegura que os proxectos GRX Belezar I e II —que cualificou de "fraccionamento ficticio"— son unha única macroplanta de 144 baterías de litio nunha hectárea, cunha potencia de case 49 megavatios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O nacionalista critica a ausencia dunha normativa específica en Galicia para este tipo de instalacións, denunciando que o goberno de Rueda “dá o visto bo a que se poñan onde queiran, como queiran e de calquera maneira”. Suárez reprochou ao director xeral de Planificación Enerxética, que a Consellería “non teña plan de incendios, non defina distancias de seguridade, non explique o uso da auga para refrixeración e nin sequera prevexa un plan de evacuación para a veciñanza”.

Destaca tamén o impacto visual e patrimonial sobre a igrexa de Santa María de Pesqueiras, “unha xoia do románico” situada na Ribeira Sacra, que aspira a ser Patrimonio da Humanidade. “Ou flauta ou gaita: non se pode pedir a declaración e ao mesmo tempo autorizar unha planta de litio bordeando ese territorio”, sentenciou.

Suárez acusou o Goberno de Rueda de converter Galicia “nunha terra de sacrificio ao servizo das multinacionais, cun modelo servil aos designios de Madrid” e retou a que o representante da Xunta se reúna cos veciños de Pesqueiras para explicarlles “cara a cara cal é a opinión e o futuro que reserva a Xunta a esta parroquia. Vostede é un cargo político, non un simple técnico. Está en disposición de recibilos?”, preguntou

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...