HomesociedadeO 15 de maio o Aeródromo das Lamas en Monforte acolle a...

O 15 de maio o Aeródromo das Lamas en Monforte acolle a “Vuelta Aérea Internacional Aerodreams 2026”

O Aeródromo Municipal das Lamas será sede da Vuelta Aérea Internacional Aerodreams 2026 (VAIA 2026), un evento con 16 aeronaves ultralixeiras inscritas e 29 participantes, que percorrerán durante 5 días os ceos de España e Portugal. A viaxe comezará o xoves 14 de maio en Benavente (Zamora) e fará parada en Monforte o venres 15.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A saída da VAIA 2026 está prevista o xoves 14 de maio desde o campo de voo de Benavente. Segundo explican desde a organización, participarán 16 aeronaves ultralixeiras, todas con matrícula portuguesa, reunindo a un total de 29 pilotos “nunha auténtica celebración da aviación nacional”.

Tralo despegue en Benavente o día 14, a ruta diríxese cara o norte, con destino á pista de Cerval, en Valença do Minho (Portugal). O segundo día, 15 de maio, a expedición tomará rumbo a Lugo, con parada na pista local para xantar, e continuar en dirección a Monforte, onde está prevista a pernocta dos participantes. Este destino, explican os organizadores Jackie e Paulo, “ten un significado especial para nós, xa que compartimos o apelido Lemos”. Pero a elección ten aínda máis relevancia, engaden, “pola recente mellora da pista local, convertendo esta visita non só en algo simbólico, senón tamén nunha oportunidade de reencontrarse cun lugar que segue evolucionado”. Nas seguintes xornadas a Vuelta visitará Valladolid, con aterraxe na pista de Matilla de los Caños, e Badajoz, na pista Casimiro Patiño. Na derradeira xornada, cada aeronave regresará ao seu campo de orixe.

A elección da cidade do Cabe como sede desta Vuelta Aérea Internacional ten especial relevancia, segundo o rexedor, José Tomé xa que inclúe a pernocta dos participantes e dos seus acompañantes en Monforte, beneficiando así a sectores como o turismo, o comercio e a hostalería, ademais da propia promoción turística do municipio.

Cabe destacar que os pilotos que utilizan este aeródromo destacan a situación privilexiada de Monforte dentro de Galicia, e tamén a excelente situación da propia pista de voo dentro do Concello, xa que se atopa moi preto do casco urbano, e isto fai que os visitantes poidan acercarse ao centro da cidade en poucos minutos. “Isto converte ó Aeródromo de Monforte en único, xa que o resto de instalacións deste tipo en Galicia, e a maioría das do resto de España, atópanse lonxe de zonas urbanas, o que require facer desprazamentos importantes”, destaca o Alcalde.

Aeródromo Municipal de Monforte

O proxecto de mellora do Aeródromo Municipal de As Lamas executouse o pasado ano e supuxo unha mellora substancial tanto da infraestrutura como da pista que bordea o campo de voo, dende as pistas de exame de conducir ata os hangares e a pista que da acceso ao Campo de Tiro e á pista do canal. En conxunto, ambas actuacións supuxeron unha inversión de 260.508,16€.

De media, a instalación ven rexistrando entre 300 e 500 operacións anuais de avionetas de diferentes tamaños, sobre todo durante as pontes e fins de semana, pero tamén durante a semana, xa que está aberto ao tráfico de forma permanente, sendo un lugar de parada para tránsitos chegados dende outros lugares de Galicia como Mazaricos, Santa Comba, Lugo ou Ribadeo. Tamén é un campo de referencia para afeccionados de fóra da comunidade como Asturias, Castela e León e todo o noroeste da Península en xeral, e tamén doutros países como Portugal e Francia, principalmente.

.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...