HomeMedio ambiente e PatrimonioNova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

A Área Recreativa de Ribas Altas, convertiuse este xoves no centro de operacións da nova promoción de “Gardiáns do Cabe”, transformando aos escolares de Monforte en protectores do ecosistema, unha iniciativa do Club de pesca Río Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada de concienciación co alumnado do CEIP Plurilingüe A Gándara de Monforte de Lemos, tomando o relevo aos seus compañeiros do CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos. O obxectivo da actividade é ofrecer aos centros educativos unha experiencia completa que combina deporte con ética.

“Para nós é un orgullo organizar estas xornadas” aseguran desde o Club preparando para este día un circuíto de aprendizaxe que os convertiu en protagonistas de cada fase da pesca deportiva. Foron nomeados oficialmente “Gardiáns do Cabe”, o que conleva a responsabilidade de aplicar a filosofía de Residuo Cero, coa Regla+1: recóllese sempre polo menos unha peza de basura que non é propia antes de marchar.

Repasaron a normativa para a pesca 2026 e celebraron un taller artesanal de montaxe de moscas, mosquitos, …, entendendo así como se imitan os insectos do río para atraer á troita. Practicaron a arte do lanzado, como manexar a cana e aprender a lanzar corretamente na agua. Completouse a xornada cun bautismo da pesca onde todos os participantes tiveron ocasión de pescar nas aguas do río Cabe.

Gardiáns do Cabe 2026 / Club de pesca Río Cabe

A actividade realizouse baixo a modalidade de “pesca sen morte”, asegurando que cada exemplar volvese a auga en perfectas condicións. Con actividades como esta, o Club de Pesca Río Cabe reforza o vínculo coa comunidade educativa e propoñen: “Esperámosvos na aventura”.

Fan referencia á Escola de Pesca do Club que se desenvolve os xoves de 16:00-18:00h, “Non vos preocupedes polo equipo deixámosvos todo o necesario e a actividade é totalmente gratuita”. E agradecen a colaboración co CEIP da Gándara, “Ver a un neno/a pescar con respecto ao medio ambiente é a maior recompensa para o traballo do noso club”, conclúen.

Gardiáns do Cabe 2026 / Club de pesca Río Cabe

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...