Homesociedade"Luz de Fada", a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais...

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A gañadora da XXI edición do Concurso de Deseño de Carteis das Festas Patronais 2026 é Jessica Denise Bazaes Latrille, veciña do Saviñao, que presentou o seu deseño baixo o pseudónimo “Luz da Fada”. O traballo ademais de anunciar as Festas recibe 1.000€ de premio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre que en 2025, sendo esta edición a máis participativa, con notable diferenza, dos últimos anos. A convocatoria tivo moi boa acollida entre os monfortinos e monfortinas, que presentaron un total de 30 deseños, e o 10 restantes chegaron de diferentes localidades de Galicia e do conxunto da xeografía nacional. Concretamente, de Cambados, A Coruña, Melide, O Saviñao e A Pobra do Brollón, en Galicia, e de Madrid, Paracuellos del Jarama (Madrid), Cartagena (Murcia), León (Castilla y León) e Arre (Navarra).

Tal e como se explicaba nas bases do concurso, establécese un único premio de carácter económico dotado con 1.000€ e a utilización do deseño como cartel anunciador das Festas Patronais de Monforte 2026 e portada do programa de actividades.

Unha vez fallado o concurso, o cartel premiado queda en poder do Concello de Monforte de Lemos. A propiedade intelectual do traballo gañador corresponde igualmente á autora, non obstante, a concesión do premio leva consigo a cesión exclusiva e gratuíta en favor do Concello de Monforte de todos os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación por calquera modalidade, medio ou formato, incluídos os audiovisuais, informáticos, multimedia e telemáticos. A presentación e divulgación do cartel premiado terá lugar en próximas datas.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...