HomeCulturaEste 16 de maio comeza o "Descubrir Quiroga" percorrendo o Camiño de...

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

O Concello celebra tamén o “Mes das nosas letras", e este sábado, 16 de maio, ás 20:00h, na Casa da Cultura, actuará o Grupo Vocal Entrelas, a Coral Cantar Delas e a Coral Polifónica de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa primeira actividade este sábado co recorrido dun tramo do Camiño de Inverno. Á presentación acudía o Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, o concelleiro de Turismo, Vicente Parra e a responsable da área de Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García Porto.

Descubrir Quiroga nace coa ¡dea de dar a coñecer o municipio a través da cultura, a historia, a natureza e sobre todo das persoas; creando actividades para todos os públicos e baseándose na colaboración coas empresas locais dando valor ao traballo que elas fan. Por esta iniciativa este programa recibía o pasado ano recibía o “Premio á Excelencia do Turismo e a Gastronomía da Provincia” da Deputación de Lugo, e na categoría de Lugo Cambia.

Vicente Parra destaca o apoio de todas as empresas locais nun programa que se prolonga no tempo, seis meses, ofrecendo rutas moi diversas, algunhas delas innovadoras, que pretenden desestacionalizar o turismo e dar a coñecer o territorio en diferentes épocas do ano.

Pilar García Porto destaca a importancia de que cada un de nos defenda e demos a coñecer o lugar no que vivimos. Quiroga, un lugar privilexiado no Xeoparque Montañas do Courel e como porta de entrada á Ribeira Sacra, ten que darlle aos participantes neste programa experiencias para que as desfruten pero tamén para que as queiran repetir.

Concerto Música Vocal

Este sábado, 16 de maio, ás 20:00h, na Casa da Cultura dentro da programación do “Mes das nosas letras”, que organizan as áreas de Dinamización Lingüística e de Cultura do Concello de Quiroga, contando coa colaboración da Vicepresidencia Primeira, Área de Cultura da Deputación Provincial. Participan:

Grupo Vocal Entrelas está formado exclusivamente por voces femininas. A maior parte das súas interpretacións realízanse a capela, e o seu repertorio abrangue unha ampla variedade de xéneros musicais, como son cubano, jazz, pop, habaneras ou música tradicional. Nas súas actuacións destacan a alegría sobre o escenario, o coidado pola posta en escena e a proximidade co público, elementos que definen a súa identidade artística

Coral Cantar Delas é o único coro de voces brancas da provincia de Lugo. Dentro da súa traxectoria destaca o proxecto centrado na música medieval, baseado nas Cantigas de Martín Códax e nas Cantigas de Afonso X o Sabio, en colaboración co grupo instrumental Tundal (2012); e o ciclo Creadoras de música, dedicado á creación musical feminina, co obxectivo de visibilizar compositoras que foron esquecidas ou silenciadas ao longo da historia (2023 – 2024).

Coral Polifónica de Quiroga, fundada en 1991, conta actualmente con 30 membros dirixidos por Fernando Sanmartino Pérez. A súa primeira actuación tivo lugar en xuño de 1992 e, desde entón, mantén unha actividade constante, reflectida nas numerosas actuacións realizadas ao longo dos anos. Participou no I Certame de Corais Galegas e en distintos programas da TVG e TVE en Galicia. Ademais, interpretou a Misa do Peregrino na Catedral de Santiago enn 1997 e gravou o seu primeiro CD baixo a dirección de  Alfonso Campos.

      

ÚLTIMAS

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...