HomeMedio ambiente e Patrimonio2ª Andaina “O Pantón esquecido”: Toldaos - Augas Santas

2ª Andaina “O Pantón esquecido”: Toldaos – Augas Santas

Ruta de carácter cultural programada para o 24 de febreiro e organizada por Segredos de Pantón e a Asociación Veciños de San Xoán de Toldaos.

Publicado o

- Advertisement -

No seu afán por poñer en valor o patrimonio cultural, histórico e paisaxístico do Concello de Pantón, o colectivo dinamizador Segredos de Pantón organiza unha interesante camiñada xunto coa Asociación Veciños de San Xoán de Toldaos para o domingo 24 de febreiro ás 10:00 h.

Trátase dunha ruta de dificultade baixa, de percorrido circular e de 5 quilómetros de distancia que comeza e remata na explanada do Santuario das Augas Santas. Nun fermoso percorrido poderase visitar o santuario de orixe prerrománica, o seu entorno, o Monte do Castro de Toldaos cos seus restos e o rastro da cultura vitícola na parroquia.

Así mesmo,  poderanse coñecer os costumes e tradicións do lugar de Toldaos parando na igrexa parroquial e facendo un alto no Monte da Escrita con vistas 360º de todo o Val de Lemos. Nesta privilexiada situación, de obrigada visita resulta o petroglifo da “Pena da Virxe”, gravado que, segundo indica a organización da andaina, puido ser antecesor e explicación da existencia do santuario de Augas Santas.

Vistas dende o Monte da Escrita. Fonte: SP
Petroglifo “Pena da Virxe”. Fonte: SP

Ao rematar haberá uns pinchos no Oca Augas-Santas Balneario e viño por cortesía da Adega Finca Cuarta. Para participar non cómpre inscrición previa e para máis información poden dirixirse á organización no correo segredosdepanton@gmail.com

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...