O traballo fai un repaso pola súa obra literaria, o seu traballo xornalístico e a súa loita pola igualdade entre homes e mulleres, pola solidariedade e polos problemas dos sectores sociais máis desfavorecidos implicándose co feminismo e cos diversos movementos sociais en que participou.
Para a presentación deste traballo achegouse o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández, quen se encargou de trasladar o libro ata o bar do Centro Social onde estará exposto durante todo este mes de maio para que o poidan ver todos os veciños e veciñas. o concelleiro manifestou estar moi orgullosos do traballo das usuarias e usuarios do Centro de Día lembrando a figura de Begoña Caamaño, homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
Con este tipo de actividades búscase ofrecer lecer activo coa realización de traballo intelectual que serve para combater o deterioro cognitivo e divulgar a vida e obra de intelectuais galegas/os que deixaron legado polos seus valores, a súa pegada literaria e o seu compromiso con Galicia. Con todo, tamén se pon en valor a celebración dunha data tan relevante para o galego como é o 17 de maio.

Centro de día Quiroga Letras Galegas 2026 / Concello de Quiroga

