HomesociedadeAdif adxudica por 3,54M€ as obras de supresión de catro pasos a...

Adif adxudica por 3,54M€ as obras de supresión de catro pasos a nivel no termo municipal de Sarria

As obras de supresión afectarán a catro pasos a nivel na liña convencional Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, situados no concello de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A eliminación destes pasos, informou o administrador de infraestruturas, mellorará «a permeabilidade transversal no municipio» e aumentará as condicións de seguridade das infraestruturas de transporte para os peóns, así como para os tráficos ferroviario e viario.

Para suprimir o paso a nivel situado no quilómetro 393/072 mellorarase a pista existente para manter o acceso ás parcelas contiguas. No caso do paso a nivel do quilómetro 393/993, conectarase ambos lados da vía mediante un paso superior. Para iso acondicionarase e ampliaranse os camiños existentes, construirase outro camiño paralelo á vía e executarase tamén unha obra de drenaxe transversal.

A solución prevista para suprimir o paso a nivel do quilómetro 394/849 consiste na execución dun paso inferior para restituír o tráfico peonil e de vehículos agrícolas. Para iso será preciso rebaixar os viais existentes correspondentes ao Camiño Francés de Santiago e a un camiño agrícola, para permitir o paso baixo a vía do ferrocarril. No caso do paso a nivel do quilómetro 395/420, a solución prevista é a construción dunha pasarela peonil con ramplas que dará continuidade ao Camiño de Santiago.

A supresión destes catro pasos súmase ás actuacións en marcha para eliminar outros 19 pasos a nivel no percorrido Ourense-Monforte-Lugo, ata acadar un total de 23 supresións: dous na cidade de Ourense, dous en Monforte, 13 no termo municipal de Sarria e seis na capital, Lugo.

Paso a nivel Sarria /Delegación do Goberno

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...