Homesociedade8.563€ para a reposición da varanda da Pinguela danada pola caída dunha...

8.563€ para a reposición da varanda da Pinguela danada pola caída dunha árbore no temporal

O concello de Monforte vén de adxudicar o contrato para a realización dos traballos de reparación da varanda da pasarela da Pinguela que resultou danada a finais de xaneiro. A estrutura metálica do paso peonil que cruza o río Cabe no Parque de Cobas sufrira danos considerables a causa da caída dunha árbore de gran tamaño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A caída da árbore dobrou completamente as dúas varandas laterais no primeiro tramo da pasarela, na marxe dereita do río Cabe, polo que se fixo necesario encargar a reposición e colocación das pezas. Trátase de varandas de aceiro inoxidable satinado redondo cun espesor de 60.3 x 3 mm.

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a adxudicación dun contrato menor para a realización destes traballos. O orzamento da obra ascende a 8.563,58€ e o prazo de execución é de 2 meses.

A pasarela da Pinguela forma parte do paseo fluvial que percorre o río Cabe na súa trama urbana ata Piñeira. O alcalde, José Tomé, destaca as importantes melloras realizadas nos últimos anos nesta contona, como a transformación de Cobas nun gran parque público ou a dotación de alumeado e mobiliario urbano no seu percorrido. “Puxemos en valor unha das principais zonas verdes da cidade e o noso compromiso é manter este paseo peonil nas mellores condicións para o uso e desfrute de todos os monfortinos e monfortinas e das persoas que nos visitan”, indica o rexedor

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...