Homesociedade66.000 euros para ampliar e mellorar o Miradoiro do Duque sobre o...

66.000 euros para ampliar e mellorar o Miradoiro do Duque sobre o Sil

O Concello de Monforte xa conta coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para acometer esta obra que se financia con fondos municipais e do GDR Ribeira Sacra-Courel.

Publicado o

- Advertisement -

O procedemento desta licitación é por concurso aberto. E a mesa de contratación reunirase o día 27 de febreiro ás 9:30 horas para abrir as ofertas. O alcalde, José Tomé Roca, resalta que “con esta proposta pretendemos mellorar a capacidade de acollida para grupos de visitantes e ó mesmo tempo potenciar o atractivo turístico da zona, e para elo executarase un novo miradoiro con dúas zonas desde onde contemplar a paisaxe, que se estenderán sobre a actual pendente da ladeira”.

Con esta actuación colocarase unha estrutura de aceiro voada sobre a ladeira fincada nunha cimentación oculta de formigón armado. Na zona suroeste da ladeira, colocarase outro novo punto de observación de planta rectangular rematado nunha plataforma semicircular, desde onde contemplar as singulares postas de sol que, dada a súa altitude, son as máis fermosas da Ribeira Sacra. Este novo punto de observación estará voado sobre a ladeira mediante unha estrutura metálica igual que no caso anterior.

Ensancharase o acceso actual paralelo á caseta ata acadar  un metro e 70 cm., prolongándose ó mesmo tempo ata enlazar coa zona de aparcamento, actualmente de terra, facilitando deste xeito o acceso ó miradoiro sobre todo cando o tempo estea chuvioso.

No novo miradoiro, no espazo existente entre os dous palcos, colocarase un panel informativo da paisaxe que se pode contemplar, e un banco sen respaldo con dobre cara onde se poderá descansar e observar a paisaxe existente en toda a contorna do miradoiro.

Presentación Novo Miradoiro / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...