HomesociedadeOutro aforo completo para o 'Marida maio'

Outro aforo completo para o ‘Marida maio’

Foi este pasado xoves no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, punto de encontro que contou coa presenza de dúas adegas, un negocio de hostalería, unha artesá, a representación dun museo e un proxecto turístico.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) vén de celebrar a segunda xornada enogastroturística da terceira edición do Marida Maio o pasado 21 de maio.

Nesta ocasión, o Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos contou como convidados co establecemento de hostalería monfortino Tributo Capitol, as empresas vitivinícolas Adegas Cruceiro e Alouviño, a artesá e propietaria de “En Lá”, Pilar Rodríguez e, mediante representantes dos equipos de traballo, polo Museo Lodeiro e o Catamarán Río Sil. O evento contou coa presentación da xornalista radiofónica Manola Porto, de Onde Cero Monforte, e a continuación cada proposta convidada deuse a coñecer ao público cunha breve intervención. A cita estivo amenizada cunha actuación en directo do solista monfortino Isi Castañer.

Ambiente do Marida Maio / XdL

Dende a organización, na delegación sur da entidade lucense, explican que “estes encontros posibilitan a colaboración entre entidades da zona da Ribeira Sacra para dar a coñecer os seus servizos ás persoas asistentes. Principalmente vitivinícola e hostaleiro, pero tamén turístico e artesanal, empresas de diferentes sectores realizan propostas especialmente ideadas para o formato coas que expoñer as bondades dos seus produtos”.

A terceira edición do Marida Maio será clausurada o vindeiro xoves 28 de maio. Na cita, que comezará ás 19:30 h, participarán o proxecto de turismo de caravanas Barvantia, a empresa de visitas guiadas Coureleando, o hotel-restaurante Hermida Rural e as adegas Os Cipreses e Instinto Romano.

Esta iniciativa está patrocinada pola Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos e o Centro do Viño da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...