HomePolíticaO PP de Taboada constitúe unha xestora aberta presidida por Luis Gómez

O PP de Taboada constitúe unha xestora aberta presidida por Luis Gómez

A nova xestora acordou levar a cabo unha campaña de afiliación e reforzar a presenza do Partido Popular de Taboada nas redes sociais, “fundamentais na actualidade para estar en contacto permanente cos veciños e veciñas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Taboada constitúe unha xestora na que Luis Gómez García asume a presidencia dun equipo diverso integrado por 15 persoas que ten como obxectivo prepararse para as próximas eleccións municipais do 2027.

O novo presidente explica que “a xestora pretende aglutinar a todos os que cren no noso proxecto” e, polo tanto, “é aberta á incorporación daquelas persoas que queiran sumar”. Así mesmo, sinala que “o noso principal obxectivo é preparar unha candidatura que teña opcións de recuperar a alcaldía”.

Luis Gómez, de 54 anos, foi xefe de calidade e medio ambiente nunha construtora e concelleiro no goberno local durante 16 anos onde exerceu como segundo tenente de alcalde e  responsable de réxime interior e deportes. Ademais era o secretario xeral da agrupación local do PP.

O equipo conta tamén con Sonia Conde como secretaria; e José Jesús Ramos, Dulce Montes, Alfonso Gómez, Emilio Vázquez e Cruz Gómez como vocais; ademais dos catro concelleiros -Ramiro Moure, Pedro Rodríguez, Diego Novoa e Isabel Carballo- e catro membros de Novas Xeracións – Gabriel García, Rafael Pacior, Adrián Pérez e Iván Gómez-.

A reunión contou coa participación da presidenta, Elena Candia, e outros membros da directiva provincial do Partido Popular que agradeceron “o traballo e dedicación de todos os que forman a agrupación local de Taboada” e valoraron “a vontade de seguir traballando dende a unidade e a responsabilidade”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...