HomesociedadeO CCU de Monforte salda a tempada de inverno

O CCU de Monforte salda a tempada de inverno

O 23 e 24 de febreiro, o Mercado da Praza de Abastos acollerá unha nova edición da Feira de Oportunidades de inverno do CCU e o día 20 organízase unha xornada informativa sobre as liñas de axuda para comerciantes.

Publicado o

- Advertisement -

Na Feira de Oportunidades participarán 17 tendas de Monforte: profesionais do sector da moda, calzado, bebé, complementos, decoración, mercería …. que ofertarán aos asistentes grandes descontos de fin de tempada, superando, nalgúns casos, o 70%.

O sábado 23, o horario será de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 horas, mentres que o domingo 24 o horario será de 11:00 a 13:30 e 17:00 a 20:30 horas.

Por outra banda o CCU organiza unha xornada informativa sobre novas liñas de axudas para comerciantes, autónomos e sector da hostalería e turismo. A cita será o vindeiro mércores 20 de febreiro a partir das 20.30 horas na sede do CCU (Rúa Zapaterías, nº 1, baixo – torreón do cárcere vello).

Persoal técnico dos distintos departamentos dará a coñecer as liñas fundamentais de acceso a cada unha das axudas que neste momento están en prazo de convocatoria:

– IGAPE: Creación de PEMES por novos emprendedores, así como Proxectos de investimento para a ampliación en PEMES xa en funcionamento. Liña de microcréditos e programas de financiación ante problemas puntuais de tesourería. Subvencións para o comercio (modernización, dixitalización, artesanía)

– CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA:  Orde de axudas para promoción do emprego autónomo para empresas de nova creación. Orde de axudas para contratación indefinida de persoas asalariadas. Orde de axudas para consolidación de proxectos empresariais.

– GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: Liña de axudas para financiar proxectos de iniciativas con e sen ánimo de lucro.

– TURISMO DE GALICIA : Plan MAT de mellora de aloxamentos turísticos (actuacións de accesibilidade, modernización, incremento da categoría, mellora de servizos ou aforro enerxético)

– IGAPE – Reforma TUR 2019: Adquisición de materiais para rehabilitación e mellora de hoteis, hoteis balnearios e hoteis talaso, albergues do camiño de Santiago e casas de turismo rural no camiño de Santiago

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...