HomeTerra de LemosMonforteHospitalizada unha menor tras caer nunha piscina de Monforte

Hospitalizada unha menor tras caer nunha piscina de Monforte

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha piscina de Monforte de Lemos. Segundo informou o 112 Galicia no seu boletín, sobre as 18.00 horas un particular avisou pedindo axuda para a nena, que se atopaba na piscina do Club Fluvial.

Segundo o seu testemuño, a pequena caeu á auga, pero lograron sacala con rapidez, sen que fose necesaria a intervención de equipos de rescate. Con todo, comezáronlle a practicar a reanimación. Ao lugar desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, finalmente, trasladou a menor ao Hospital de Monforte.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...