Homesociedade117.370€ para a montaxe do Festival do Viño da Ribeira Sacra de...

117.370€ para a montaxe do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte que se celebrará do 3 ao 5 de xullo

A Xunta de Goberno de Monforte vén de aprobar a adxudicación do contrato para a subministración en réxime de aluguer das estruturas e elementos necesarios para o desenvolvemento desta actividade á empresa Proyecto&Studio del Atlántico S.L., por un importe de 117.370€, ive engadido.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este contrato comprende a totalidade dos traballos necesarios para dotar ao certame dunha infraestrutura completa, funcional e de calidade. Concretamente, inclúe o deseño da imaxe gráfica e sinaléctica, o mobiliario, o subministro e montaxe de estruturas tanto de titularidade municipal como outras necesarias para a celebración (stands de adegas, gastronomía, zonas de recepción, palco, pórtico e zona infantil), as instalacións eléctricas e de fontanería; o subministro de aseos portátiles, e a xestión loxística da montaxe e desmontaxe. Os materiais que non son estruturas propiedade do Concello entréganse en réxime de aluguer, agás os elementos gráficos (vinilos, lonas e sinaléctica impresa), que pasarán a ser propiedade do Concello ao remate do evento.

O alcalde, José Tomé Roca, apunta que o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos “é un evento totalmente consolidado no calendario enogastronómico galego e unha cita de referencia para a promoción dos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra”.

O certame conta con participación de ata 30 adegas integradas na D.O. Ribeira Sacra e 12 postos de gastronomía local, e compleméntase cun amplo programa de actividades culturais, musicais, catas profesionais e obradoiros infantís de acceso gratuíto.

A estética da instalación mantén a liña da pasada edición, madeira en cor natural, tons violetas e elementos máis contemporáneos como son as teas microperforadas personalizadas en estruturas e pequenos xardíns verticais que o converten nun Festival de elite dentro dos eventos do viño. O recinto contará zona de sombreado e tótems informativos co programa de actividades para que o visitante poida pasear comodamente polos stands e seguir o programa de actos.

Áreas diferenciadas do Festival do Viño:

  • Zona de adegas: ata 30 adegas participantes en 15 stands dobres.
  • Zona de gastronomía: 12 stands de operadores gastronómicos locais e comarcais.
  • Zona de recepcións e imaxe institucional: Recepción 1 (atención ao visitante e
  • prensa) e Recepción 2 con Sala de Catas.
  • Palco inaugural e escenario de actuacións.
  • Pórtico de entrada, photocall e sinaléctica.
  • Zona infantil con obradoiros e actividades.
  • Zona de servizos: lavado de copas, aseos portátiles e almacéns.

Tal e como explica o alcalde, “o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte ten como gran protagonista o viño da Ribeira Sacra, pero con actividades dirixidas a todos os públicos nun entorno natural e apracible como é á beira do Río Cabe, no Paseo do Malecón”. Un evento “imprescindible –engade-, non só no sur da provincia de Lugo, senón  tamén en toda Galicia, e fora das nosas fronteiras, ademais dunha oportunidade para descubrir e sentir Monforte e a Ribeira Sacra a través da súa paisaxe, das súas tradicións, da súa gastronomía e, por suposto, do viño”.

ÚLTIMAS

A distribuidora de Naturgy inviste 125.000 euros en Sarria

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, levou a cabo unha actuación de mellora da...

Impulso á mellora da calidade do aceite galego coa identificación e certificación de oliveiras autóctonas

Durante a xornada recolléronse mostras de oliveiras propiedade de Miguel Ángel Rodríguez, de Aceites...

322 piragüistas daranse cita este 30 de maio no encoro de Vilasouto co Campionato Galego de Piragüismo de base

Da presentación da actividade participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, o vicepresidente...

Este 27 de maio benestar psicolóxico no Faladoiro de Quiroga

Ubaldo Vila Anca, natural e veciño de Quiroga, é diplomado en Maxisterio, na especialidade...