A xuntanza contou coa participación da directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López Rodríguez, e serviu tamén para abordar algunhas liñas de traballo coas que emprender esta nova etapa.
Javier Arias destacou que a distinción “supón un salto cualitativo que impulsará a proxección do evento e reforzará a súa repercusión tanto cultural como turística”. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego valorou a súa singularidade, resaltando que ten como epicentro unha danza propia creada pola fundadora da asociación, Carmela González Ruiz, baseada nunha lenda do pobo.
Meigas e Trasgos organiza esta cita desde hai máis de 50 anos; cada última fin de semana de agosto reúnen a milleiros de persoas nas distintas actividades propostas, sendo unha das principais iniciativas tractoras de turismo da vila.

Noite Meiga reunión Arias / Delegación territorial

