HomeCulturaO festival 'Terra Brava' do Incio será o 15 de agosto

O festival ‘Terra Brava’ do Incio será o 15 de agosto

Xosé Lois romero & Aliboria súmanse a outros grupos que xa se deran a coñecer como Lamatumbá, La Trocamba, Calle Mambo e a Charanga Bicoia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nun dos últimos actos como delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse días atrás co alcalde do Incio, Héctor Corujo, e co presidente da asociación promotora do festival Terra Brava, Luis Valcárcel, para coñecer os detalles da programación deste ano, que se celebrará o 15 de agosto e incorpora a actuación de Xosé Lois Romero & Aliboria. Esta proposta está patrocinada pola Xunta, que renova a súa colaboración co evento.

A formación achegará ao festival do Incio a súa maneira renovadora de acometer a música tradicional galega, conxuntando as potentes voces das súas vocalistas cos innovadores arranxos para percusión tradicional, cheos de forza, raza e terra. Súmanse así a outros grupos que xa dera a coñecer a organización, como a Charanga Bicoia, Lamatumbá, La Trocamba e Calle Mambo.

ÚLTIMAS

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...