HomeCulturaO Xeoparque  Mundial da UNESCO Montañas do Courel acolle a 1ª Olimpíada...

O Xeoparque  Mundial da UNESCO Montañas do Courel acolle a 1ª Olimpíada Galega de Bioloxía da ESO

Está convocada polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e reunirá a 10 equipos con excelencia en bioloxía de Galicia.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Este sábado 30 de maio o IES de Quiroga será o anfitrión da primeira edición da Olimpíada Galega de Bioloxía de ESO, unha iniciativa pioneira que centrará a atención a nivel de Galicia no que respecta á divulgación científica e educativa escolar.

A convocatoria feita polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) nace como unha experiencia de colaboración interinstitucional entre o COBGA, a Olimpíada Española de Bioloxía e os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil co obxectivo de promover o interese pola bioloxía, a investigación e a excelencia académica entre o alumnado da ESO.

Nesta primeira edición participaron inicialmente 530 estudantes de toda Galicia, que tiveron que superar unha proba telemática de selección previa. Como resultado deste proceso clasificáronse os dez mellores equipos que competirán presencialmente este sábado en Quiroga.

Os centros finalistas, formados por 3 alumnos e un profesor, son:

  • CPI As Mirandas (Ares, A Coruña)
  • CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén, Pontevedra)
  • CPR SEK Atlántico (Poio, Pontevedra)
  • Colexio FEC-San José (Lugo)
  • Colexio Santa María del Mar – Xesuítas (A Coruña)
  • IES Eusebio da Guarda (A Coruña)
  • IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras, Ourense)
  • IES Porto do Son (Porto do Son, A Coruña)
  • IES Plurilingüe de Ames (Bertamiráns, Ames, A Coruña)
  • IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, A Coruña)

Ao longo da xornada desenvolveranse probas teóricas individuais e actividades prácticas cooperativas, ademais dunha programación divulgativa vinculada ao patrimonio natural e xeolóxico do Courel. O programa inclúe tamén actividades no Xeoparque, cunha visita ao Museo Xeolóxico de Quiroga e ao Pregamento de Campodola, dous dos espazos máis representativos do patrimonio xeolóxico galego. A xornada concluirá cun acto de clausura e entrega de diplomas no Concello de Ribas de Sil ás 18:00 horas.

O equipo gañador volverá en xuño ao Xeoparque para gozar da invitación de coñecer o territorio durante dous días cun programa personalizado dirixido especificamente para eles. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...