HomesociedadeRemata o 'Marida Maio 2026' marcado polo aforo completo nas tres sesións

Remata o ‘Marida Maio 2026’ marcado polo aforo completo nas tres sesións

O pasado xoves, 28 de maio, o Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acolleu o encontro que deu remate a esta actividade promovida pola Apehl.

Publicado o

- Advertisement -

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería  e Turismo de Lugo (Apehl) vén de clausurar a terceira edición do evento enogastroturístico Marida Maio, patrocinado pola Deputación de Lugo. O patio interior do Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos, espazo que acolleu o encontro, volveu completar o aforo.

O evento, realizado dende as 19:30 ás 21:00 horas, posibilitou a colaboración entre entidades de diferentes sectores da Ribeira Sacra para a promoción de servizos. As propostas ofertadas, especialmente ideadas para o formato e os diferentes perfís de público asistente, potenciaron as bondades dos principais produtos das entidades.

A terceira e última xornada estivo protagonizada pola axencia Barvantia, o proxecto patrimonial Coureleando, o Hotel-Restaurante Hermida Rural e as adegas Os Cipreses e Instinto Romano. A ambientación musical volveu correr a cargo do músico Isi Castañer. No acto estiveron presentes tamén a xornalista radiofónica Manola Porto; Mabel Álvarez, xerente do Centro do Viño; e Beatriz Vila, delegada da Zona Sur da Apehl.

O concello de Monforte de Lemos e o Centro do Viño da Ribeira Sacra colaboraron neste programa da Apehl.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...