HomesociedadeÚltimo día para depositar os plásticos agrícolas que o Concello de Monforte...

Último día para depositar os plásticos agrícolas que o Concello de Monforte recollerá o 1 de xuño

O vindeiro luns, 1 de xuño, o Concello procederá a realizar a recollida de plásticos agrícolas nas parroquias do municipio. A data elixida para esta actuación coincide coa época na que os gandeiros e labregos necesitan desfacerse dun gran volume de plásticos, procedentes principalmente do ensilado de herba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O plástico agrícola deberá depositarse nos lugares citados durante os días previos á recollida, concretamente este sábado e o domingo 31 de maio. Para facilitar o seu manexo e evitar a súa dispersión, o material deberá deixarse dobrado e atado nos puntos sinalizados e habilitados para tal fin. A recollida realizarase en todas as parroquias que xeran plásticos e, dende alí, trasladaranse ata o punto de reciclaxe. Desde o Concello recórdase que non se deberán depositar outros tipos de plásticos que non sexan agrícolas.

Comezarase a primeira hora da mañá do luns e ao longo de toda a xornada, nos seguintes lugares:

  • Marcelle (campo da festa)
  • Gullade, Nocedas e Penela (saída das Nocedas a Gullade, antigo parque infantil)
  • Vilamarín (campo da festa)
  • Santa Mariña e Caneda (Campo da Pousa)
  • Bascós, Chavaga  e Sindrán (Local Social de Bascós)
  • Reigada e Fontes (Praza Mourelo)
  • Piñeira (Listo)
  • A Parte e Valverde (Barrete Proveiros)
  • Chao do Fabeiro (Campo da festa)
  • Moreda, San Xoán, San Xulián e Seoane (Local social de San Xoán)
  • Fiolleda (Carretera a Currelos)
  • Baamorto (Campo de Fútbol)

Este servizo de recollida de plásticos agrícolas non ten ningún custe para os agricultores e os gandeiros, asumindo integramente o Concello de Monforte. Os pedáneos das diferentes parroquias xa foron informados por carta oficial desta recollida de plásticos agrícolas así como dos lugares e a data na que se vai realizar, resultando fundamental a súa colaboración, tal e como sucedera nas anteriores recollidas, para acadar unha óptima efectividade.

Anímase polo tanto aos veciños a participar e achegar os plásticos agrícolas aos lugares indicados que lle queden máis próximos. Neste senso, cabe resaltar que as anteriores recollidas de plásticos agrícolas nas parroquias de Monforte tiveron unha gran resposta por parte de agricultores e gandeiros. Lémbrase que estes residuos agrícolas poden eliminarse tamén a través do Punto Limpo en calquera data do ano.

ÚLTIMAS

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais...