Na competición, organizada polo Club Calasancio en colaboración co Concello de Monforte, participaron un total de 10 equipos procedentes das catro provincias galegas: SD Sarriana, Sagrado Corazón de Lugo, Barbadás, Santa Mariña de Vigo, Sada SD, UD Ourense, Ourense CF, CD Rúa, CP Calasancio e ED Calasancio de Monforte.
O CP Calasancio de Monforte proclamouse campión tras disputarse a final contra o CF Ourense. O Alcalde felicitou a todos os participantes e trasladou os parabéns aos gañadores.

