HomeDeportesÉxito de participación na XXIV Rota do Románico Concello de Pantón

Éxito de participación na XXIV Rota do Románico Concello de Pantón

Esta fin de semana, o Concello de Pantón celebrou unha das súas citas deportivas con máis historia, a carreira popular da Rota do Románico do Concello de Pantón que este ano chegaba á 24 edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

200 persoas inscribíronse nas diferentes categorías, destacando a carreira absoluta na que houbo máis dun cento de participantes e a andaina popular que se organiza este ano por primeira vez e na que os particpantes percorreron a ruta do Xanarteiro que parte do Mosteiro de Santa María de Ferreira e pasa por camiños entre viñedos ata chegar á fonte de Augas Santas.

“Este ano tiñamos a novidade da andaina popular que á xente lle encantou. Estamos moi satifeitos con como se desenvolveu a xornada porque a cita xa ten unha traxectoria importante que conta con xente veterana que nos acompaña todos os anos e a participación das categorías infantís crea tamén moito ambiente e animación na vila”, explica a concelleira de Deportes, Cristina Domíguez. 

Nesta XXIV edición da Rota do Románico Concello de Pantón subiron ao podio feminino na carreira absoluta:

  • Marta Marqués Prado, que correu co dorsal 2
  • Ángeles Rodríguez Taboada, dorsal 14
  • Nahir González Rodríguez, dorsal 67

No podio masculino estiveron:

  • Sindo González Castro, que corría co dorsal 107
  • Tomás Díaz Fernández, dorsal 8
  • José Luis Louzao, dorsal 1

ÚLTIMAS

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...