Homesociedade"A Xustiza que temos fronte a Xustiza que necesitamos" a debate nas...

“A Xustiza que temos fronte a Xustiza que necesitamos” a debate nas XIX Xornadas Xurídicas de Sarria

As Xornadas Xurídicas de Sarria celébranse ata o vindeiro venres, 5 de xuño e pódense seguir en directo a través da canle de YouTube do Servizo de Audiovisuais da Deputación. A institución provincial colabora coas Xornadas Xurídicas de Sarria a través da retransmisión en streaming e cunha achega de 10.000€ para a organización desta cita de referencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, inaugurou este mércores 3 de xuño as XIX Xornadas Xurídicas de Sarria Román García Varela, que este ano poñen o foco na transformación do sistema xudicial. Baixo o lema A Xustiza que temos fronte a Xustiza que necesitamos, a Casa da Cultura da localidade acolle estes días a destacadas figuras do ámbito xurídico e institucional, entre elas o presidente do Tribunal Constitucional, Cándido Conde-Pumpido; e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ignacio Picatoste, para reflexionar sobre o futuro da Xustiza nun contexto de transformación tecnolóxica e social.

Nun momento marcado pola revolución tecnolóxica e pola aparición de novas ferramentas como a intelixencia artificial, a cidadanía demanda institucións capaces de modernizarse sen renunciar aos principios que sustentan a confianza pública. “A cidadanía non espera unicamente unha Xustiza máis rápida ou máis moderna; espera unha Xustiza na que poder confiar”, asegurou Carmela López.

Lembrou a Presidenta que antes de que a Deputación aprobase a súa estratexia de intelixencia artificial, “fixémonos unha pregunta moi parecida á que inspira estas xornadas. Preguntámonos que institución queremos ser dentro de dez anos, pensando que a innovación non é un fin en si mesmo”, nese sentido, respondeu que “en momentos coma este é cando resulta máis importante preservar aquilo que non debería cambiar nunca: a transparencia, a responsabilidade pública, a rendición de contas e o compromiso co interese xeral”.

Entre as autoridades presentes na xornada inaugural estaba tamén o Alcalde de Sarria, Claudio Garrido; ou a directora da UNED en Lugo, Ana Traseira. A primeira mesa redonda centrouse en como construír unha Xustiza máis eficaz, próxima e adaptada ás necesidades actuais desde unha perspectiva humana e tecnolóxica.

As xornadas, dirixidas por Román García-Varela Iglesias e por Carlos Lema Devesa, organizadas polo Concello de Sarria co apoio económico da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo e forman parte do programa de Formación Continua do Consello Xeral do Poder Xudicial.

CRÉDITOS DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E RETRANSMISIÓN EN STREAMING

Un ano máis, as conferencias que se imparten terán recoñecemento universitario, de maneira que as 300 persoas anotadas a través da UNED, obterán 0,5 créditos ECTS pola súa participación.

Os enlaces para seguir a retransmisión vía streaming son:

MÉRCORES 3 XUÑO

XOVES 4 DE XUÑO

VENRES 5 DE XUÑO

ÚLTIMAS

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...

Matrícula aberta para 73 prazas que quedaron libres nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre...

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...