HomeMedio ambiente e PatrimonioO alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Este venres, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, cuestión na que desde o CEIP Rosalía de Castro de Bóveda veñen traballando durante toda a semana. Este xoves tiñan un roteiro con axentes forestais na área recreativa do Mao, pero por mor da climatoloxía celebrouse no propio centro de ensino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais e tiveron que supervisar a diferentes persoas que cometían ilegalidades (pesca de exemplares que non cumprían medidas, talla de árbores ilegal, plantacións de lume e caza ilegal). Tiveron que solicitarlles permisos e decidir cando interpor denuncia.

Desde o concello de Bóveda e do propio centro de ensino agradecen o traballo desenvolto cos rapaces por parte de Mónica, técnica do distrito de Monforte, Pepe, técnico de Becerreá e a outros axentes medio ambientais que colaboraron nesta celebración.

Semana do medio ambiente 2026 no CEIP Rosalía de Castro / Concello de Bóveda

ÚLTIMAS

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...