HomePolíticaO BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte...

O BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte do Cabe

O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar no Parlamento unha Proposición Non de Lei para instar á Xunta a revisar, no prazo dun mes, a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio para o proxecto de construción dunha nova ponte sobre o río Cabe ao seu paso polo casco urbano de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo explicou o deputado do BNG, Iago Suárez Fernández, o proxecto previsto suporía unha transformación moi importante dunha das zonas máis emblemáticas da cidade. “O proxecto contempla ramplas de acceso de ata case tres metros de altura que alterarían completamente a beira do río e introducirían elementos alleos á súa contorna natural. Estamos ante unha actuación de enorme impacto e claramente desproporcionada”, sinalou Suárez.

O parlamentario nacionalista destacou que existen alternativas para limitar ou eliminar o tráfico rodado pola ponte medieval sen necesidade de executar unha infraestrutura desta envergadura.

Iago Suárez tamén puxo en valor o traballo da plataforma Salvemos O Malecón, que alertou desde o comezo das consecuencias desta actuación e reclamou unha reflexión máis profunda sobre o futuro do Malecón. “O Malecón e a contorna do Cabe forman parte da identidade de Monforte. As administracións teñen a responsabilidade de protexer este patrimonio colectivo e de escoitar á veciñanza antes de adoptar decisións que poden ser irreversibles”, subliñou.

Desde o BNG lembran que a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio resulta determinante para a execución do proxecto e consideran que a Xunta debe reavaliar a súa posición para garantir a preservación dun dos espazos máis representativos da cidade. A iniciativa será debatida proximamente no Parlamento de Galicia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...