Homesociedade25 aniversario do Conservatorio Municipal de Música ‘Mestre Ibáñez’ de Monforte

25 aniversario do Conservatorio Municipal de Música ‘Mestre Ibáñez’ de Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acolleu este pasado sábado unha celebración organizada polo Concello de Monforte para render homenaxe á traxectoria deste centro educativo musical.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento reuniu a alumnado, exalumnado, profesorado, familias e representantes institucionais nunha xornada marcada polos recordos e o recoñecemento ao traballo desenvolvido durante estes vinte e cinco anos. Un traballo e traxectoria que converteron a este centro e ensino municipal como un referente na Comarca deLemos e a súa contorna.

José Tomé, acompañado no acto por outros integrantes do equipo de goberno, lembrou que preto de 800 alumnos e alumnas cursaron estudos oficiais de música no Conservatorio desde a súa creación, cifra que supera as 2.000 persoas se se ten en conta tamén o alumnado da Escola Municipal de Música.

DESENVOLVEMENTO DO ACTO

O acto foi presentado por unha exalumna do Conservatorio, e arrancou coa actuación musical da profesora e tamén exalumna Aldara Otero Fernández, acompañada ao piano polo profesor Azazel Fernández Prado. A continuación, Aida López Casado e Fernando Estévez Rodríguez, que tamén cursaron estudios musicais neste centro, compartiron as súas vivencias e lembranzas da súa etapa formativa, e deron paso á proxección dun vídeo homenaxe que percorreu algúns dos momentos máis significativos da historia do Conservatorio.

Posteriormente interveu o director do Conservatorio, Fernando Sanmartino, quen destacou a evolución experimentada polo centro ao longo deste cuarto de século, así como o seu papel fundamental na formación musical de centos de alumnos e alumnas. Tamén pronunciou unhas palabras a Concelleira de Cutura, Marina Doutón, que destacou a importancia da música na formación integral das persoas.

A celebración rematou coa actuación do exalumno e barítono Lucas López López, acompañado ao piano polo profesor Azazel Fernández Prado.

Ao remate, o rexedor fixo entrega dun obsequio conmemorativo a alumnos e exalumnos, profesores e exprofesores presentes no acto, como mostra de recoñecemento e agradecemento pola súa contribución á historia do Conservatorio.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...