HomeTerra de LemossanidadeA CIG Saúde alerta da falta de especialistas no Hospital de Monforte,...

A CIG Saúde alerta da falta de especialistas no Hospital de Monforte, poñendo o foco en Pediatría

Segundo o sindicato, a maior carencia na actualidade está no servizo de Pediatría con dúas profesionais, cando debería haber catro, "como consecuencia a maior parte do tempo hai una unha soa pediara no hospital e fan 7 gardas ao mes e moitas veces quítanlles as libranzas porque non teñen quen as cubra. Tamén se pecha a consulta porque non a poden atender".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Cig-Saúde asegura que este mes rematan 4 pediatras e poderían vir outras profesionais para Monforte, pero “nunha reunión mantida co sr. Ares ofrecéronse condicións indignas para calqueira profesional. Tiñan que facer 5 días en Monforte en xornada intensiva e o resto de traballo na área de Vigo. A xornada consistía en facer 58 horas seguidas, ainda que as gardas non son presenciais”.

O sindicato asegura que as dúas facultativas actuais acabarán marchando polas condicións actuais, coa correspondete perda de servizos para a infancia nesta zona e alertan de que a situación se agravará no verán.

Nas outras especialidades denuncian tamén a falta de especialistas. En Oftalmoloxía hai actualmente dúas facultativas, cando tamén debería haber 4. En Neuroloxía actualmente non hai neurólogo no Hospital, “vindo de Lugo un especialista 4 días á semana que chegou a vir dous días á semana”.

En Cardioloxía cóntase con dúas profesionais, “pero non se recuperaron os ingresos destes pacientes en Monforte. En Dixestivo agora mesmo cóntase cun profesional e faltaría un. “Aquí estamos moi atentos xa que hai rumores de que queren amortizar unha praza” explican desde o sindicato que remata informando de que están completas as plantillas de Psiquiatría e RX.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...