HomesociedadeTomé asegura que o Parque dos Condes amplía espazos verdes coa apertura...

Tomé asegura que o Parque dos Condes amplía espazos verdes coa apertura da zona D

O alcalde de Monforte, José Tomé, con outros mebros do seu equipo visitou este martes a zona de obras para presentar ante os medios de comunicación o estudo comparativo que asegura demostra que "a intervención actualmente en marcha non só reorganiza xeometricamente o espazo libre, senón que ademais incrementa a superficie destinada a zonas verdes".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte entregou á prensa un estudo comparativo das superficies axardinadas no espazo do Parque dos Condes que actualmente está sendo obxecto de reforma e no que se instalará unha gran fonte de chorros e espectáculos de auga e luz rodeada por un paseo peonil perimetral de 5 metros de ancho. Dito informe, apunta o rexedor, “confirma o que levamos tempo explicando, que a esencia natural e paisaxística do Parque dos Condes seguirá intacta”.

Tal e como recolle o documento, no estado previo á intervención, a superficie axardinada do ámbito de actuación distribuíase en 16 parterres independentes e de xeometría irregular que, no seu conxunto, sumaban 1.119,05 m² de superficie axardinada.

José Tomé indicou que, na situación inicial previa ás obras, “coexistían dentro do ámbito itinerarios peonís executados en grava compactada, un eixo principal pavimentado en granito e espazos de transición entre parterres sen delimitación xeométrica clara”. Polo tanto, engade, “este espazo xa presentaba previamente unha proporción relevante de superficie destinada a tránsito peonil”.

Xardín antes da obra / Concello de Monforte

Trala execución da reforma proxectada, a ordenación reorganízase arredor da fonte, con zonas axardinadas distribuídas en catro sectores principais, con xeometría máis regular e continuidade espacial. Concretamente, 4 espazos verdes de 307,32 m², 243,73 m², 124,09 m² e 474,30 m², o que supón unha superficie total de 1.149,44 m² de superficie axardinada. Esta nova configuración, apunta o rexedor monfortino, “mellora a definición dos parterres, a súa continuidade e a súa integración dentro do conxunto do parque”.

A reforma proxectada, detalla, “reorganiza espacialmente as zonas axardinadas, mellora a definición xeométrica dos parterres, incrementa a continuidade das áreas verdes e supón un aumento neto da superficie axardinada respecto á situación inicial. A intervención mantén o carácter paisaxístico do espazo público reforzando a presenza de zonas verdes dentro do conxunto do parque, mantendo a zona de sombra e incrementando o número de bancos, que pasa de 14 a 26”. Anunciaba o alcalde que esá previsto completar ambas actuacións no Parque dos Condes e na zona D ao longo do vindeiro mes de xullo.

Xardín en execución / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...