HomeEconomía35.000€ para as axudas para material escolar que se poden solicitar desde...

35.000€ para as axudas para material escolar que se poden solicitar desde esta semana en Monforte

Trala publicación no BOP o pasado sábado, 6 de xuño, do extracto das bases da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o curso escolar 2026/2027, todas as persoas interesados en solicitalas, poden facelo ata o vindeiro 6 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para o financiamento destas subvencións, dende o Concello destínase un crédito máximo de 35.000 euros despois de que o concello incrementara 5.000 euros máis respecto do ano anterior, “co obxectivo de apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte, que presentan maiores dificultades económicas para afrontar este gasto ao comezo do curso escolar”,  destaca o alcalde, José Tomé.

Para ser beneficiario/a desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes:

1.  Ser pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e custodia do alumno/a que no ano escolar da convocatoria correspondente vaian a cursar estudos nas etapas educativas de ensinanza indicadas nesta convocatoria, en calquera centro docente, público ou concertado, do Concello de Monforte de Lemos.

2.  Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 70% IPREM mensual para o ano 2026 (420 €/mes) en cómputo anual 12 pagas (5.040€ ano por persoa). Para determinar a renda per cápita tomarase a renda da unidade familiar e dividirase polo número de membros da dita unidade como a continuación se especifica:

Nº membros unidade familiarIngresos netos mensuaisIngresos anuais
2  840  10.080
31.26015.120
41.68020.160
52.10025.200
  • Que a persoa solicitante así como os e as menores beneficiarios da mesma, se atopen empadroados e residan efectivamente no Concello de Monforte de Lemos no momento de presentación da solicitude.
  • Que a persoa solicitante estea  ó día no pago das obrigas tributarias municipais.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

A contía máxima das axudas é a seguinte:

  • 75€ para Educación Infantil por cada alumno/a.
  • 100€ para Educación Primaria por cada alumno/a.
  • 120€ para Educación Secundaria Obrigatoria por alumno/a.
  • 150€ para alumnado matriculado nun centro de educación especial ou que reciban medidas de apoio á diversidade desde os centros educativos ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65%.

A solicitude formalizarase no formulario normalizado que figura como anexo I nas bases e que está dispoñible nas oficinas do Centro de Servizos Sociais Municipais emprazado no Paseo do Malecón s/n. E presentarase no Rexistro dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos emprazado na secretaría do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n; no Rexistro Xeral do Concello, no Campo de San Antonio s/n ; ou a través da sede electrónica municipal (www.sede.monfortedelemos.es).

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...