HomesociedadeAberto o prazo de inscrición para as probas de acceso e matrícula...

Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso e matrícula no Conservatorio Municipal de Música para o curso 2026-2027

O Conservatorio Municipal de Música ‘Mestre Ibáñez’ de Monforte ten prazo aberto de matrícula e para inscribirse nas probas de acceso ás diferentes modalidades que se ofertan: violín, guitarra, piano, percusión, bombardino, clarinete, saxofón, tuba, trompa, trompeta e trombón de varas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prazo para inscribirse na proba de acceso ao 1º CURSO DE ENSINANZAS ELEMENTAIS (proba de aptitude musical que non require coñecementos musicais previos) está aberto ata ó 23 de xuño. A solicitude, que será gratuíta, recollerase na Secretaría do centro, situado na Ronda de María Emilia Casas Baamonde, e presentarse no Rexistro do Concelllo ou accedendo a “solicitude proba de acceso e matrículas Conservatorio municipal Mestre Ibáñez” na sede electrónica da páxina web do Concello de Monforte. A proba de aptitude musical terá lugar o día 25 de xuño, ás 12.00h.

O prazo para inscribirse na proba de acceso ao 1º CURSO DE GRAO PROFESIONAL (pase de grao) está aberto ata ó 16 de xuño. Esta proba de pase de grao terá lugar o día 17 de xuño, ás 16.00h. Por último, o prazo para inscribirse na proba de acceso a OUTROS CURSOS DAS ENSINANZAS ELEMENTAIS OU PROFESIONAIS está aberto ata ó 16 de xuño. Esta proba terá lugar o día 18 de xuño, ás 16:00h.

Matrícula

O prazo de renovación de matrícula está aberto ata o 16 de xuño. No caso da matrícula para o novo alumnado que supere o acceso ao vindeiro curso 2026-2027, estará aberto ata o 30 de xuño de 2026. Para máis información o horario de atención presencial da Secretaría é de 10:00 a 13:00 horas. Correo electrónico: conservatorio@concellodemonforte.com. Teléfono: 982 403 893.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...