HomesociedadeMonforte celebra o San Antonio

Monforte celebra o San Antonio

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por outros membros do Equipo de Goberno do Concello, encabezou a comitiva institucional nos actos na honra de San Antonio celebrados este sábado, 13 de xuño, festivo local en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día grande das festas e xornada de gran tradición no barrio de San Antonio comezou ás 9.00 horas coa bendición e ventas das roscas fronte a igrexa e na Praza de Santa Clara, seguida de dianas e alboradas a cargo da Charanga NBA e Os Xograres de Lemos.

Os actos continuaron ás 12.30 horas, coa celebración da misa solemne na igrexa de San Antonio e procesión, na que participou a comitiva institucional presidida polo Alcalde, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a Concelleira de Sanidade, Pilar Espinosa, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira de Muller, Igualdade e Consumo, Regina López, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé, así como outros membros da Corporación Municipal.

Como marca a tradición, na procesión polas rúas próximas á igrexa de San Antonio os devotos lanzaron pétalos de rosas sobre a imaxe do santo. Seguidamente, procedeuse á degustación dun viño proporcionado por bodegas da Ribeira Sacra e un aperitivo na Praza do Campo de San Antonio, nun acto organizado pola comisión de Festas.

O Concello de Monforte colabora de forma estreita coa celebración das Festas de San Antonio, unha das tradicións festivas de barrio máis importantes e participativas da nosa cidade, que este ano celébranse desde o xoves 11 de xuño ata este domingo, cun amplo programa de actividades. “Estas festas son moi queridas polos monfortinos e monfortinas porque manteñen a esencia de festa popular e de convivencia veciñal e supoñen un atractivo tamén para os que nos visitan, por iso desde o Concello queremos colaborar e apoiar a súa celebración, igual que facemos co resto dos barrios e parroquias do municipio”, destaca o Alcalde, para quen as festas de San Antonio “son as segundas patronais de Monforte”.

Neste caso, o Concello apoia a organización do evento cunha axuda económica de 3.000€ e reforzando outros servizos especiais como a limpeza, ademais da cesión do espazo público e o mobiliario. A programación das festas remata coa actuación deste domingo ás 21.00h. do grupo Punto Clave.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...