HomePolíticaO PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O PSdeG de Sarria denuncia que o matadoiro municipal segue pechado e sen prazos de reapertura, malia que o Pleno aprobou por unanimidade o pasado 28 de maio acometer as reparacións necesarias para recuperar este servizo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio Garrido continúa sen ofrecer información ao sector sobre a situación actual das instalacións, o estado das avarías, as actuacións previstas ou a data estimada de reapertura. Lembra que o Pleno de Sarria aprobou por unanimidade a moción consensuada pola oposición co sector, que recollía a necesidade de realizar as reparacións necesarias para reabrir o matadoiro de maneira inmediata, “Rranscorridas dúas semanas, o Goberno local non trasladou ningunha data nin explicou que pasos está dando para cumprir o acordo”.

Escrontela advertiu de que esta falta de información volve xerar dúbidas sobre a verdadeira vontade de Garrido de manter o matadoiro como servizo público municipal. “Queremos saber se o alcalde vai intentar arranxar o problema ou se, como pensamos, a súa intención é deixar caer o matadoiro ata pechalo”, afirmou.

O voceiro socialista explicou que profesionais do sector, gandeiros, carniceiros e usuarios das instalacións están a trasladar a súa preocupación pola falta de avances e pola ausencia de información sobre a reapertura. Incidiu na importancia da época estival para Sarria, “É unha época de moitísima demanda e así nolo están expresando os profesionais do sector. É unha falta total de responsabilidade que comecemos o verán sen ter unha solución a este problema, que afecta directamente á economía de Sarria e da contorna”, sinalou.

O PSdeG reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación actual do matadoiro, as reparacións previstas, os prazos de execución e a data estimada de reapertura. “O que non pode facer Garrido é votar a favor no Pleno para saír do paso e despois seguir sen dar respostas. Sarria non pode permitirse perder un servizo estratéxico por desidia política”, conclúe Escontrela.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...