HomesociedadeGraduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

A cerimonia, celebrada o pasado venres 12 de xuño, reuniu alumnado, familias, profesorado e membros da comunidade educativa "nun acto cargado de emoción, recoñecemento e ilusión polo futuro", comentan dende a Dirección do centro de ensino monfortino.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a entrega dos diplomas ao alumnado dos distintos ciclos formativos impartidos no centro, entre os que se atopan os ciclos das familias de Servizos á Comunidade, Sanitaria, Transporte e Mantemento de Vehículos e de Electricidade e Electrónica. “Foi unha ocasión para poñer en valor o esforzo, a constancia e o compromiso demostrados polos estudantes ao longo da súa formación”, sinalan dende o cento de ensino monfortino.

A graduación serviu tamén para destacar os excelentes resultados académicos acadados polo alumnado do centro. De feito, tres alumnas e un alumno do ciclo superior de Educación Infantil foron recoñecidas/os entre os 16 mellores expedientes de Formación Profesional da provincia de Lugo, “un logro que constitúe un motivo de orgullo para toda a comunidade educativa e que reflicte o alto nivel de preparación e dedicación do alumnado e do profesorado”, trasladan dende o IES Daviña Rey.

Nas intervencións realizadas ao longo do acto salientouse a importancia da Formación Profesional como unha opción educativa de excelencia, cada vez máis demandada e cunha estreita conexión coa realidade social e laboral. Tamén se puxo en valor a colaboración das empresas e institucións que acollen ao alumnado durante os seus períodos de formación práctica, contribuíndo de maneira decisiva á súa cualificación profesional.

Ciclo Electricidade e Electrónica. Foto: IES Daviña Rey.
ORGULLO POLO ALUMNADO E COMPROMISO POR UNHA FP DE VALOR

Dende o IES Francisco Daviña Rey, amosando a lóxica satisfacción e orgullo, trasladaron parabéns para o alumnado que se graduaba e, de xeito especial, ao que foi distinguido polos seus expedientes académicos. Dende a comunidade educativa do centro poñen en valor tamén o seu propio “compromiso cunha FP de calidade, innovadora e orientada ás necesidades da sociedade e do tecido produtivo da contorna”.

Ciclo Electromecánica de vehículos automóbiles. Foto: IES Daviña Rey.
Educación Infantil. Foto: IES Daviña Rey.
Ciclo Auxiliar de Enfermaría dual intensivo. Foto: IES Daviña Rey.
Ciclo Auxiliar de enfermaría ordinario. Foto: IES Daviña Rey.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...