HomeCulturaO IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º...

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

Os equipos de debate da categoría da ESO e de BAC deste centro monfortino desprazáronse xunto coa profesora de Lingua Galega, Pilar López, o día 11 de xuño a Sada para disputar a fase de cuartos de final e o día 12 ao Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela para a semifinal e final do Parlamento Xove organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e Martín Quevedo Torre de 4º ESO e a categoría de BAC estaba integrada por Sabela Castro González, Miguel Rois García e Manuel Álvarez Ruíz de 1º BAC e Diego Expósito Díaz de 2º BAC.

O tema de debate foi Debería eliminarse o anonimato nas redes sociais? Na fase de cuartos de final, ambos os dous equipos conseguiron pasar á fase de semifinais despois de enfrontarse no caso da ESO ao equipo do IES Rafael Puga Ramón da Coruña acadando un total de 143,50 puntos fronte aos 132,00 puntos do equipo contrario. No caso do equipo de BAC acadou un total de 145,00 puntos fronte aos 136,50 do equipo do centro educativo CPR Plurilingüe La Salle 1.

Na fase de semifinais o equipo do IES Río Cabe da categoría de ESO conseguiu impoñerse con 156,50 puntos fronte aos 116 puntos do CPR Plurilingüe La Inmaculada de Lugo, polo que disputaría a fase final, mentres que o equipo de BAC non conseguiu superar ao equipo IES Rafael Puga Ramón cunha diferenza de 2 puntos. (158 – 156)

Na fase final do torneo o equipo de ESO do IES Río Cabe debateu no Hemiciclo do Parlamento de Galicia co equipo CPR Plurilingüe La Salle de Santiago de Compostela obtendo o 2º posto na clasificación xeral cun total de 342,50 puntos, fronte aos 356,50 do equipo contrario.

No IES Río Cabe seguiron o debate no Salón de Actos do centro educativo os/as compañeiras enviándolles folgos e desexándolles moita sorte. A competición destacou pola intensidade e pola igualdade entre os participantes, o que dá aínda máis mérito ao logro acadado polo alumnado do IES Río Cabe. Ademais dos resultados, o equipo sobresaeu pola súa preparación, compromiso, respecto ás normas e espírito deportivo.

“Foron dous días moi intensos, de moita emoción, aprendizaxe e experiencia única ao debateren no Hemiciclo do Parlamento de Galicia. Experiencia que os acompañará toda a súa vida”, destacan desde o centro.

Parlamento Xove Ies Río Cabe 2026 / IES Río Cabe

Pódense ver os debates nos seguintes enlaces:
Cuartos de final:
SALA A. (ESO) IES RÍO CABE- IES RAFAEL PUGA RAMÓN. 1h:45´:00”
https://www.youtube.com/live/oxiaz83Nv3A
SALA B (BAC) IES RÍO CABE. CPR PLURILINGÜE LA SALLE 1. 1h:53´:00”
https://www.youtube.com/live/Yp9rEFosoVs
Semifinais:
SALA A. (ESO) IES RÍO CABE- CPR PLURILINGÜE LA INMACULADA. 0:54´:00”.
https://www.youtube.com/live/ho66TMRMzZw
SALA B (BAC) IES RÍO CABE- IES RAFAEL PUGA RAMÓN 2. 0:6´:30”.
https://www.youtube.com/live/Au0u8NTjq2A
Final:
SALA A (ESO) IES RÍO CABE – CPR PLURILINGÜE LA SALLE. 2h:52´:00”
https://www.youtube.com/live/sSby8Z2AHUU

ÚLTIMAS

A falta de vivenda centra o foro que Ribeira Sacra Next promove o 19 de xuño no Parador de Monforte

Durante a presentación do encontro, na sede da CEO, os representantes das tres entidades...

O 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa en Sober na proxección do seu filme ‘Historias del Buen Valle’

Aproveitando a presenza do cineasta na vila, o Concello de Sober organiza, en colaboración...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...