A Gala do Deporte desenvolverase a partir das 20.30h para dar a coñecer os gañadores e gañadoras de cada unha das categorías que formaron parte do concurso. O evento pon o colofón á XI edición dos Premios do Deporte, organizados polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes para recoñecer ás e ós atletas e clubs máis destacados do ano 2025. O obxectivo, incide o alcalde, José Tomé, “é premiar e poñer en valor o esforzo e a dedicación de deportistas, clubs e persoal adestrador, técnico e de arbitraxe do noso Concello”.
En total, presentáronse 40 candidaturas:
| CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO | |
| CANDIDATO | MODALIDADE DEPORTIVA |
| ALAIN VÁZQUEZ | BALONCESTO |
| IKER FERNÁNDEZ CODESIDO | ATLETISMO |
| ALEJANDRO LOSADA RODRÍGUEZ | TAEKWONDO |
| DANIEL PENA MARIÑO | VOLEIBOL |
| AARON VÁZQUEZ RODRÍGUEZ | CICLISMO |
| CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA | |
| CANDIDATA | MODALIDADE DEPORTIVA |
| SARA INÉS VARELA CORTIÑAS | PIRAGÜISMO |
| LUCÍA ROCA RODRÍGUEZ | TAEKWONDO |
| LAURA GUTIÉRREZ | BALONCESTO |
| NOA DÍAZ QUINTIÁN | PIRAGÜISMO |
| CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA | |
| CANDIDATO | MODALIDADE DEPORTIVA |
| LUCAS PAVÓN SANMARTÍN | PESCA |
| XOEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ | PIRAGÜISMO |
| IAGO SÁNCHEZ | BALONCESTO |
| GABRIEL PINTO ÁLVAREZ | TAEKWONDO |
| ISMAEL RODRÍGUEZ NIEVES | ATLETISMO |
| ERIC VÁZQUEZ RODRÍGUEZ | CICLISMO |
| CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA | |
| CANDIDATA | MODALIDADE DEPORTIVA |
| EMMA MANTILLA | BALONCESTO |
| ANDREA GUDÍN PÉREZ | NATACIÓN |
| SARA PEREZ PALLÍN | ATLETISMO |
| SABELA NIEVES RODRÍGUEZ | ATLETISMO |
| CATEGORÍA MELLOR ÁRBITRO/A | |
| CANDIDATO/A | MODALIDADE DEPORTIVA |
| RODRIGO COTA PÉREZ | VOLEIBOL – VOLEI PRAIA |
| JOSÉ ANTONIO OROZCO VÁZQUEZ | ATLETISMO |
| ARÓN GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | TAEKWONDO |
| CELIA PÉREZ | BALONCESTO |
| DANIELA JOHANA LAMÚS LÓPEZ | FÚTBOL |
| CATEGORÍA MELLOR ADESTRADOR/A | |
| CANDIDATO/A | MODALIDADE DEPORTIVA |
| JOSÉ MARÍA VEGA SÁNCHEZ | TAEKWONDO |
| RUBÉN CASTRO PORTELA | ATLETISMO |
| CATEGORÍA MELLOR ENTIDADE DEPORTIVA NA PROMOCIÓN DO DEPORTE | |
| CANDIDATO | MODALIDADE DEPORTIVA |
| C.B. VAL DE LEMOS | BALONCESTO |
| CLUB TAEKWONDO NEKA | TAEKWONDO |
| C.N. MONFORTE | NATACIÓN |
| CLUB QUIXÓS | PIRAGÜISMO |
| CATEGORÍA MELLOR EQUIPO DE CATEGORÍA ABSOLUTA | |
| CANDIDATO | MODALIDADE DEPORTIVA |
| EQUIPO VETERANAS C.B. VAL DE LEMOS | BALONCESTO |
| TRÍO ALEJANDRO LOSADA, CARLOS REY, MARCO RODRÍGUEZ | TAEKWONDO |
| CATEGORÍA MELLOR EQUIPO CATEGORÍA DE BASE | |
| CANDIDATO | MODALIDADE DEPORTIVA |
| EQUIPO ALEVÍN C.B. VAL DE LEMOS | BALONCESTO |
| EQUIPO FEMININO CAMPO A TRAVÉS SUB-16 A GÁNDARA | ATLETISMO |
| EQUIPO INFANTIL A C.P. CALASANCIO | FÚTBOL |
| CATEGORÍA DEPORTIVIDADE E XOGO LIMPO | |
| CANDIDATO | MODALIDADE DEPORTIVA |
| C.B. VAL DE LEMOS | BALONCESTO |
| EUGENIO GARCÍA CABELLOS | TAEKWONDO |
| C.N. MONFORTE | NATACIÓN |
| RAMIRO MÉNDEZ RODRÍGUEZ | ATLETISMO |
| IZAR DACOSTA LÓPEZ | CICLISMO |

12.000€ en axudas para os clubs deportivos monfortinos
Coa finalidade de apoiar a participación de clubs deportivos monfortinos en campionatos de España, de Europa ou do mundo, o Concello de Monforte mantén aberta unha liña de axudas destinadas a financiar os gastos derivados da inscrición nestes eventos. A nova convocatoria, dirixida a cubrir as competicións celebradas entre o 14 de outubro de 2025 e o 13 de outubro de 2026, conta cunha contía total de 12.000€ e o prazo para solicitar as axudas está aberto desde hoxe, 17 de xuño, ata o propio 13 de outubro de 2026.
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, sinala que, “o deporte monfortino vive un momento moi bo e son varios os clubs que se clasifican para participar en campionatos nacionais e internacionais. Desde o Equipo de Goberno queremos contribuír a que poidan acudir a estas competicións, xa que somos conscientes do esforzo económico que isto supón”.
Trátase dunha liña de axudas que se concederá por procedemento de concorrencia non competitiva a clubs deportivos do Concello de Monforte que participen en Campionatos de España, de Europa ou do mundo propios da súa modalidade deportiva. As solicitudes de subvención presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nas bases, tramitaranse e resolveranse por orde de entrada da solicitude no rexistro. As contías establecidas son as seguintes:
-Modalidades deportivas de equipo (fútbol, voleibol, baloncesto, etc.):
- Participación nun campionato de España: 1.000€.
- Participación nun campionato de Europa organizado en España: 1.000€.
- Participación nun campionato de Europa organizado fóra de España: 1.500€.
- Participación nun campionato do mundo organizado en España: 1.000€.
- Participación nun campionato do mundo organizado fóra de España : 2.000€.
-Modalidades deportivas individuais (natación, piragüismo, etc.):
- Participación nun campionato de España: 200€ por deportista ata un máximo de 1.000€.
- Participación nun campionato de Europa organizado en España: 200€ por deportista ata un máximo de 1.000€.
- Participación nun campionato de Europa organizado fóra de España: 300€ por deportista ata un máximo de 1.500€.
- Participación nun campionato do mundo organizado en España: 200€ por deportista ata un máximo de 1.000€.
- Participación nun campionato do mundo organizado fóra de España : 400€ por deportista ata un máximo de 2.000€.
Os interesados poderán presentar ata tres solicitudes de subvención, sempre e cando sexan pola participación en campionatos de diferente ámbito xeográfico ou territorial (España, Europa, mundial). No caso de que un club participe en varios campionatos do mesmo ámbito xeográfico ou territorial, poderá presentar unha única solicitude.
Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria as asociacións e clubs deportivos legalmente constituídos, que estean inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións Deportivas, que teñan a seu domicilio social no Concello de Monforte de Lemos e que cumpran, ademais dos sinalados no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, os seguintes requisitos:
- Carecer de ánimo de lucro.
- Non ser debedor co Concello por calquera tipo de débeda de dereito público (será comprobado de oficio pola administración).
- Non ser debedor coa Facenda estatal ou autonómica e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
- Non estar incurso en prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións públicas
- Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.
Os gastos subvencionables a través desta convocatoria son os seguintes:
-Federativos ( canons federativos, inscricións en competición, etc.).
-Gastos de desprazamentos para a participación nas competicións deportivas obxecto da convocatoria (quedan excluídos os gastos de combustible cando o vehículo non estea matriculado a nome do Club Deportivo).
Enténdense por gastos de desprazamentos aqueles que teñan os clubs deportivos con motivo da asistencia a competicións fora do ámbito municipal obxecto da convocatoria, do tipo de:
• Gastos de transporte
• Gastos de hoteis e manutención
Será preciso acreditar a relación entre o gasto e a competición. A instancia e a documentación deberá presentarase obrigatoriamente a través de medios electrónicos tal e como se establece na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

