HomesociedadeCSIF Monforte denuncia que as filtracións de chuvia seguen inundando o Hospital...

CSIF Monforte denuncia que as filtracións de chuvia seguen inundando o Hospital Comarcal

O sindicato independente de funcionarios CSIF denuncia que as filtracións seguen anegando o Hospital Comarcal de Monforte, despois das intensas chuvias do día 17 e a pesar das recentes obras de mellora.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sindicato esixe solucións a unha situación que aseguran vén de moitos anos atrás. esde varios anos atrás, “o Hospital Público de Monforte de Lemos vén arrastrando un problema endémico de inundacións e filtracións de auga de chuvia e coa última tormenta púxose de novo de manifesto.

Aseguran que o temporal afectou de xeito xeito significativo parte do Servizo de Radioloxía, “principalmente as salas de tele mando e a segunda sala de raios X, estando aínda a día de hoxe in operativa e á espera de saber se está afectada parte da maquinaria. Neste Servizo está a verse prexudicada a atención sanitaria de pacientes programados que a primeiras horas da mañá debían esperar noticias para saber se ían ser atendidos”. Tamén se viron afectados o Servizo de Laboratorio na zona de Secretaría e a zona de Paritorio, “ambos sen causar trastornos afortunadamente á atención aos pacientes”.

CSIF leva denunciando en reiteradas ocasións ante a Xunta de Persoal e a Dirección do Centro, “as deficiencias nos tellados do Hospital e nas drenaxes e aliviadoiros das augas pluviais que están a provocar este tipo de situacións con demasiada asiduidade”. Despois das recentes obras de reforma para a evacuación adecuada das augas pluviais, a Dirección do Centro considerou a situación solucionada. “Polo visto este mércores o noso Hospital segue tendo inundacións con exceso de chuvia. Este feito e esixe á Dirección do Centro que dea máxima prioridade a reparar estas deficiencias e que depure responsabilidades, caso de habelas, sobre as empresas que realizaron as recentes reformas”, conclúe o sindicato.

Filtracións chuvia 17 xuño 2026/ CSIF Monforte

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...