HomesociedadeNova mini-escavadora e remolque para o concello da Pobra do Brollón

Nova mini-escavadora e remolque para o concello da Pobra do Brollón

O Concello Pobra do Brollón recibe unha mini-escavadora e un remolque novos grazas a un convenio coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón conta dende esta semana cunha mini-escavadora, un remolque basculante e un martelo rompedor hidraúlico, tras asinar un convenio coa área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para financiar a
adquisición.

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda e o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, visitaron a acometida de auga que xa se está a levar a cabo coa nova maquinaria na parroquia de Fornelas.

A mini-escavadora e o martelo rompedor permitirán resolver con maior eficiencia obras deste tipo e outras actuacións tales como avarías de auga. O remolque, pola súa banda, conta con basculante e ramplas para facilitar o transporte da máquina. Xosé Lois Maceda agradeceu á Vicepresidencia da Deputación que fixese posible contar con esta maquinaria tan necesaria para manter en boas condicións a ampla rede de camiños rurais da Pobra do Brollón.

Novo material para a Pobra do Brollón convenio Vicepresidencia / Concello da Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...