HomeDeportesO Club Quixós, campión de España de Augas Bravas coas xóvenes promesas

O Club Quixós, campión de España de Augas Bravas coas xóvenes promesas

Esta pasada fin de semana competían na localidade oscense de Graus no 'XXIII Campeonato de España de Aguas Bravas' na modalidade de descenso.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O club de piragüismo Quixós volveu poñer Monforte e a provincia de Lugo no mapa deportivo nacional cos resultados acadados esta fin de semana, días 20 e 21 de xuño, nunha competición que tivo como escenario o río Ésera da localidade de Graus (Huesca). Tratábase do XXIII Campeonato de España de Aguas Bravas na modalidade de descenso, competición á que o equipo liderado por Santi Díaz chegaba cunha expedición algo xusta de efectivos pero moi alta de moral.

Por equipos, o Club Quixós quedou no segundo posto na Liga Nacional e de primeiro no Campeonato de España de Jóvenes Promesas.

No que respecta ao medalleiro individual, salientar os ouros de Sara Inés Varela, en K1 clásica; Ximena & Sara Inés en C2 clásica; e Xoel Fernández Méndez, quen acadou dúas medallas de ouro, en K1 e C1 sprint.

Os piragüistas do Quixós condecorados no Campionato de España de Augas Bravas de descenso. De esquerda a dereita: Rodrigo Morillo, Xoel Fdez e Lucas Pavón. Foto: XMF.

No apartado de medallas de prata, o club tamén volve servido de Graus. Sara Inés acadou dúas, en C1 e K1 sprint respectivamente; Diego Expósito outro par delas, en C1 sprint e C1 clásica; sumándose aos anteriores Lucas Pavón, cunha en C1 sprint.

E para pechar o medalleiro, aquí os bronces acadados. Martín Prats volvía a Monforte con 3 metais, en K1 e C1 clásica e C1 sprint; Lucas Pavón, en K1 sprint; Ximena Prats, en C1 sprint; e Rodrigo Morillo, en C1 sprint.

Uns resultados, en definitiva, que enchen de orgullo ao director técnico do club, Santiago Díaz, quen pensa xa na vindeira competición que os levará a vindeira fin de semana a terras catalás, concretamente á localidade de Sort.

ÚLTIMAS

O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a...