HomeEconomíaAta o 14 de xullo está aberto o prazo para solicitar as...

Ata o 14 de xullo está aberto o prazo para solicitar as axudas para asociacións culturais, lúdicas, recreativas e formativas de Monforte.

A convocatoria foi publicada no BOP este luns 22 de xuño, polo que o prazo de presentación de solicitudes xa está aberto e finalizará o día 14 de xullo do presente ano. O concello destina 15.000€ para este fin, coa intención de fomentar que as asociacións culturais e lúdicas celebren actividades culturais de interese e potenciar deste xeito as iniciativas que poidan xurdir dende os distintos ámbitos da sociedade que teñan como fin difundir, promover, conservar e impulsar manifestacións culturais de todo tipo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Poderán solicitar estas subvencións todas as asociacións legalmente constituídas que desenvolvan actividades de interese xeral para o municipio, xa sexan de carácter cultural, veciñal, popular, profesional, lúdico ou recreativo, que cumpran os seguintes requisitos ou condicións:

  1. Carecer de ánimo de lucro.
  2. Estar debidamente inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Monforte de Lemos no momento de presentar a solicitude.
  3. Non ser debedor co Concello por calquera tipo de débeda de dereito público (será comprobado de oficio pola administración).
  4. Non ser debedor coa facenda estatal ou autonómica e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
  5. Non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario de subvención públicas
  6. Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.

Quedan excluídas as asociacións e Entidades Deportivas e aquelas entidades de iniciativa social debidamente autorizadas para a prestación de servizos sociais no ámbito dos servizos sociais e da inclusión social, e as que reciban no exercicio subvencións de carácter nominativo do Concello de Monforte de Lemos para as mesmas actividades.

Co modelo de solicitude oficial, deberá achegarse a seguinte documentación:

  1. Solicitude segundo Anexo I das presentes bases.
  2. NIF en vigor da persoa física que actúen en representación a presentar co Anexo II.
  3. Memoria explicativa detallada do programa de actividades que se pretenden realizar durante o 2026 con especificación da data, lugar de realización, responsables do desenvolvemento da actividade, obxectivo e fins concretos a que se destinarán os fondos, de acordo co baremo que figura no artigo 7 destas bases. Anexo III
  4. Orzamento de ingresos e gastos da actividade con expresión das axudas solicitadas ou concedidas por parte doutros organismos públicos ou privados. Anexo IV
  5. Datos bancarios da conta á que se transferirá o importe da subvención, debidamente certificada pola entidade bancaria ou certificado da titularidade. Anexo V de Rexistro de Terceiros.
  6. Declaración responsable da entidade solicitante no que conste as subvencións e/ou axudas solicitadas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, comprometéndose a comunicarlle ao Concello a concesión de calquera outra axuda de Entes públicos ou privados. Anexo VI.
  7. Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario e de non ser debedor á Facenda Estatal e Autonómica, nin á Seguridade Social. Anexo VII.

A instancia coa restante documentación solicitando a subvención, presentarase únicamente por Sede Electrónica.

Acceso ás BASES.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...